Tímidos, absterse
Un amable comunicante, como dicían antes na radio, mándame a referencia dunha páxina na que atopei un parente do noso Pipotinho, aínda que neste caso non falamos dun artiluxio informático senón dun complemento que te pode convertir -así o anuncian- no rei de calquera festa.
Armando fan club
Estou comprobando estes días, nos que vago case mañá, tarde e noite por estas terras do Deza, que o culto a Armando Blanco, ilustre alcalde do concello de Teo, está máis extendido do que eu pensaba. Quizás é chegado o momento de resumir os artigos que desde este blo lle foron dedicados.
Os temas abordados son, tal e como o require o personaxe, variopintos. Desde problemas co galiñeiro da súa propiedade ata o seu doutorado honoris causa media un treito que só un home do seu nivel é quen de percorrer.
Unha das facetas máis destacadas da rica personalidade do Doctor Blanco é a súa capacidade para engaiolar ás clases pasivas, ás que fai obxecto de frecuentes homenaxes, preferentemente en formato cuchipanda. Ante nós álzase a figura dun líder municipal sempre atento ás máis nobles causas, un líder no que, a pesar de cultivar un fino estilismo que o aproxima perigosamente á figura do metrosexual contemporáneo, se amosa xenerosamente o home campechano que destila humanidade a esgalla.
Tamén sabemos do seu fraguismo unplugged, e non me extrañaría nada que el fose o autor desta falcatruada, seguramente non ben entendida e peor acollida entre compañeiros de partido que non participan dunha sensibilidade que pugna sempre por exteriorizarse.
Seguiremos informando. Agradécese, coma sempre, calquera aportación que poidas achegar para axudarme a perfilar mellor esta aproximación ao personaxe que a tantos e tantas nos apasiona.
Última hora: grazas a unha colaboración que me acaba de chegar descubro esta maravilla.

Alén, Simplemente
Hai uns días faleiche de Alén e da súa loita por abrir un furadiño niso que pedantemente se chama o "panorama musical". Pois algo xa furaron estes catro mozos e resulta que estes días estrean disco, un CD con catro temas e un vídeo co meikinof da gravación. Vale que son amiguetes deste blogueiro, vale, pero creo que a esta xente paga a pena escoitala. Escoitala e vela, porque Alén está preparando a conciencia o seu directo. O xornal La Coz de Galicia de hoxe, na súa edición do Lemos, dedícalles un artigo no que dá conta, entre outras moitas cousas, das actuacións en vivo que ten previstas o grupo, que de momento son catro: Chantada, Rodeiro, Melide e Jaca.
A imaxe que che poño (en rigurosísima primicia, todo hai que dicilo) é a portada do seu album de debut. Alén, Simplemente.
A VA-CA que ri
Tese: de tan disparatada que ela é, a Cidade da Cultura non pode ser vista máis que como unha unha auténtica coña.
Demostración: lea aquí.
Demostración: lea aquí.
Casorios
Xa instalados na polémica suscitada pola regulación legal do matrimonio homosexual, creo que convén visitar este post do blo do Regueifeiro. Aquí avánzoche unha foto, correspondente a unha manifestación do chamado Foro da Familia.
E agora un detalle para alimentar a nostalxia, cando menos a miña. O pucho que leva o señor que está en primeiro plano lémbrame aqueles que regalaron por arrobas cando Juan Pablo II visitou Santiago. A xente acumulaba cantos podía e tal foi así que, durante varios anos, iamos todos á leira cos dichosos puchos nos que se podía ler aquelo de Totus Tuos.
O amor a España de don Mariano
Xa desde que o mundo é mundo circulan rumores sobre a condición sexual de Mariano Rajoy. De calquera xeito, non me pasan desapercibidas as declaracións coas que Carlos Biendicho, da Plataforma Popular Gay, incide outra vez neste manido asunto, xusto agora que don Mariano peta na mesa e anuncia que recurrirá o matrimonio gay "cueste lo que cueste".
Se queres saber en que términos se pronuncia Carlos Biendicho terás que facerlle unha visita a Colazo (grazas outra vez, meu, e moito olliño coa absenta) e descargar o MP3 que pon á nosa disposición.
Se queres saber en que términos se pronuncia Carlos Biendicho terás que facerlle unha visita a Colazo (grazas outra vez, meu, e moito olliño coa absenta) e descargar o MP3 que pon á nosa disposición.
Amodiño, Cleopatra!

Por eso, no lo dudas.
y dejas que te vistan tus sirvientas
con tus mejores ropas, y perfumas
tu cuello, y te sientas
segura y orgullosa
en ese trono. Y sin
que la sonrisa se borre de tu boca,
metes la mano en ese cesto
de higos que se mueven, y esperas
la picadura en tu muñeca.
Os versos son de Francisco Brines, pero o cesto de figos é de meu pai: el fixo o cesto e con el collín eses figos hai uns días. É un dos mellores momentos do ano.
Habemus billa

Dixéstelo varios e varias de vós: un pipo sen billa non é pipo nin é nada.

Xa metidos en obras, por que non unha billa que lle dea saída USB frontal a Pipotinho? Meu dito, meu feito: cóllese un anaco de madeira, quítaselle o que sobra ata que teña forma de billa (pedímoslle prestada esta trencha ao vello Buonarroti) e acóplaselle un cable prolongador USB normal e corrente.
Presión psicolóxica

Queda unha semaniña para gañar o título e este asturiano terá que manterse firme para vencer a presión. A primeira medida será manter a vista ben alta, sempre posta no obxectivo, ou sexa, no título.
Grazas
O pipotinho, o noso ordenador barrigudo, trouxo a esta bitácora moitas visitas e non poucos comentarios. Agora tócanos darvos as grazas pola amabilidade, tanto aos que andades por aquí de cotío e xa sodes da familia como aos que chegastes despois de ver algún anuncio noutro medio (todonada, vieiros, catuxa, emf).
Non podemos nomear aquí a todas e todos os que fixestes posíbel que o pipotinho chegara a tantos sitios, entre outras cousas porque non sabemos quen sodes moitos e moitas de vós. Dalgúns que si coñecemos xa sabemos a dose de entusiasmo coa que se aplican a calquera tarefa... Non si, ancila Merchi?
Tamén hai que agradecerlle ao Dani o seu esforzo á hora de buscarnos o hardware ao mellor prezo. Ademais de ter unha tenda da franquicia cos mellores prezos, que xa é un magnífico argumento, este home móvese para atenderte de marabilla. Se andas por Lalín poderás comprobalo.
E máis nada desta volta. Moitas grazas de parte do bloguisome e o brikomaniako. Seguiremos informando.
PD: Quedounos un discurso moi propio da entrega dos Goyas. Preocupante.

Volta ás raíces
Esta é a adega dunha casa do Val do Ulla e aí, ben acomodado entre dous bocois dun medio (3 moios), descansa o pipotinho. Pouco a pouco, el ben o sabe, terá que ir volvendo ao anonimato e empezar a súa vida activa.Esta foto lémbrame que dentro duns días empezará meu pai a preparar todo para a vendima. Outro ano máis traballará arreo e eu seguirei pensando que xa ten mérito que un home que non proba o viño poña tanto de si mesmo para facelo. E ninguén lle colgará unha medalla Castelao.
Quitádeme esta trapallada do comedor!
Esta muller é a nai do artífice de Pipotinho e máis deste cronista. Unha cousa é que ría para saír ben na foto, e rir ri con gana, e outra é que estea de acordo coa ubicación do Pipotinho, que para ela non deixa de ser unha trapallada máis coas que andan os seus fillos e que tanto estorban.Teremos que tela contenta, non sexa o demo que se nos cabree e nos mande a Pipotinho para as fauces de SOGAMA. Mágoa sería, despois de tanto divino tornillo como levou, de tantas veces que foi medido e volto a medir e, en definitiva, de tanto traballiño.
Imos a mil por hora

Pipotinho está a dar que falar. De momento comezou unha carreira mediática imparábel que xa o levou ao portal Vieiros. Claro que en toda carreira sempre deixas algo polo camiño, e desta vez Pipotinho deixou parte do seu nome para transformarse en Pipetinho.
Agora temos que programar a nosa estratexia para facernos de ouro a conta da obra de Uxío (eu, como irmán máis vello, tamén teño que pillar tallada). Que facer? Por que camiño tirar? Todas estas preguntas conducen, como tantas outras, a unha única resposta, que non pode ser outra que Ánxela Bugallo, rutilante conselleira de Cultura e ex-concelleira de Teo. Vai a este artigo de Galicia Hoxe e le o titular: "Crear unha marca para identificar a cultura galega". Aí está a cuestión. Agora haberá que moverse e convencer aos que mandan das bondades da denominación de orixe Pipotinho, haberá que buscar quen asine un manifesto de apoio, mesmo haberá que atopar alguén que escriba ese manifesto (bueno, isto é moi doado neste país noso), Orriols terá que botar unha man desde a TVG, o alcalde de Teo levaranos con el de xira polos territorios de ultramar... En fin, un longo e tortuoso camiño que nos levará á opulencia.
De momento estámoslle buscando un sitio axeitado ao noso fetiche. Podería ser no que lle podemos chamar o meu despacho. Para que te fagas unha pequena idea de como é este enclave póñoche esta foto, na que podes ver parte da decoración. Ti mesmo/a comprobarás que o seu estilo está un pouco determinado polo eclecticismo pero sen renunciar, faltaría máis, ao refinamento máis cañí. Sen ir máis lonxe, as medallas conmemorativas dos enlaces da Familia Real proceden dunha colección exclusiva da revista Diez Minutos.
Entre copas
Entre copas é o título dunha película que pasou non hai moito polas salas de cine. A historia é a de dous tíos que deciden celebrar unha prolongada despedida de solteiro (unha semaniña enteira, iso si que é muiñada) viaxando polas adegas de California e bebendo, como corresponde, ata a auga dos floreiros. A cousa, claro, logo empeza a liarse: viño, mulleres, dúbidas, inmadurez, medo e bla-bla-bla.
Ben, o verdadeiro motivo polo que che falo de Entre copas -paciencia a túa- é que esta película foi a primeira grande proba de fogo que tivo que superar Pipotinho. Queeee? Cooooomo? Moi simple, queriamos facer unha copia de seguridade do filme e decidimos que fose Pipotinho quen asumise o labor, que non é pouco, porque hai que decodificar, comprimir e gravar. A carga de traballo do microprocesador é intensiva neste tipo de tarefas, pero Pipotinho superou a proba con éxito e completou o proceso sen pasar dos 45ºC. O noso premio foi ver a película, que nos parece que paga a pena.

Operación Mami
Lemos hoxe na Coz, edición Deza-Tabeirós, unha nova entrega da chamada Operación Mami, que se está a desenvolver estes días despois de que a Garda Civil de Silleda e Lalín fixeran unha redada nun macro-puticlú de Silleda chamado Tris-Tras.
Noticias como esta sempre me despertan a mesma pregunta: Que evidencias necesitan os corpos de seguridade para intervir contra calquera destes locais? Que esperan atopar nos centos e centos de puticlús que hai por aí adiante? Porque non están agachados, precisamente. O Tris-Tras mesmo, sen ir máis lonxe, está emprazado xusto á beira da N-525, ao seu paso por Chapa, e de noite ten unha iluminación que lembra os casinos de Las Vegas que terás visto en mil e unha películas. Se calquera o sabe, con máis razón os gardas civís, que teñen por misión patrullar... ("Hasta aquí puedo leer", dicía aquela Mayra Gómez-Kemp).
Non teño nin idea de cuestións legais, pero ao Código Penal chega calquera. Xa dentro, vai ao título VIII, capítulo V, artigo 188.1 e lerás o seguinte:
El que determine, empleando violencia, intimidación o engaño, o abusando de una situación de superioridad o de necesidad o vulnerabilidad de la víctima, a persona mayor de edad a ejercer la prostitución o a mantenerse en ella, será castigado con las penas de prisión de dos a cuatro años y multa de 12 a 24 meses. En la misma pena incurrirá el que se lucre explotando la prostitución de otra persona, aun con el consentimiento de la misma.
Ou sexa, que as fontes do dereito, se non están mal escollidas pola miña parte, falan claro e avalan unha actuación máis contundente contra todas as mafias que pululan arredor do exercicio da prostitución, un exercicio que en si mesmo, polo que leo, non está penalizado.
De todas formas, hai que ter en conta o que sempre se di: que en temas legais todo é interpretable. Non hai máis que botarlle unha ollada ao Código Civil, por exemplo, que no seu artigo 613 dispón que
Las palomas, conejos y peces que de su respectivo criadero pasaren a otro perteneciente a distinto dueño, serán de propiedad de éste, siempre que no hayan sido atraídos por medio de algún artificio o fraude.
Ben seguro que este texto ten un sentido profundo que só pode ser desentrañado por iniciados.

Test de paternidade responsábel
Os medios galegos ilustran hoxe a inauguración do curso escolar de primaria con varias fotos que teñen como protagonistas ao propio presidente Touriño e a algúns dos seus acólitos. Motivo: un espontáneo desbordamento do perfil máis humano do presi que o leva a interactuar (sexamos fieis aos seus usos lingüísticos) coa rapazada e compartir columpios e plastilinas. Nesta imaxe aparece tamén o alcalde Bugallo nun desconcertante segundo plano.Agora supón que:
a) Non sabes quen é ese señor de "mediana idade" tan traxeado que aparece na fotografía.
b) Non tes idea de quen son os outros señores, tamén traxeados, que están ao fondo.
c) Ti es o pai ou a nai dalgunha desas criaturas inocentes (das criaturas sempre se predica a inocencia, e quen son eu para poñela agora en discusión) que de pronto ves esta escena de aproximación.
Pregunta:
Cal sería a túa reacción?
Alén, rock desde Belesar

Alén é un grupo de rock que nace dunha boa conexión entre Chantada e Rodeiro. Alén tamén é un grupo no que teño un amiguete, e ese amiguete está traballando duro para sacar un disco. O disco, por certo, está gravado nuns estudios no Carballiño. Noutras palabras: Made in Galicia total, a ver se imos aprendendo a valorar e promocionar o noso (aí che queda a miña encíclica de hoxe).
Agora que chegaches ata aquí non te vaias sen ir á súa páxina de descarga e baixar a canción coa que nos agasallan. Leva algo de tempo a baixada polo tamaño do arquivo (4,5 meguiñas), pero para algo temos a banda ancha. Digo eu.
Bueno, xa me dirás.
Pipotinho e Uxío
Máis fotos de Pipotinho, esta vez na compaña do seu creador. Estamos dubidando se pagará a pena falar con Armando Blanco, o noso queridísimo alcalde, para que leve por aí a Pipotinho como reclamo turístico.
Tes razón, Colazo: non hai pipo sen billa. Probarei a porlle unha con conexión USB e mando a distancia.

Tunning á galega

Mira que cousas fai Uxío, o meu irmanciño: colle un pipo dunha ola de capacidade (16 litros), acondiciónao e monta un ordenador dentro.
A máquina, deixando a un lado a extravagancia da caixa, é un equipo convencional, integrado por unha placa base ASROCK destas que levan vídeo integrado, 512 megas de RAM, un disco duro de 80 gigas, un micro AMD Sempron -acaban de descatalogalos, unha mágoa- e, por suposto, unha gravadora de DVD.

Tiñámoslle medo ao tema da refrixeración, porque a fonte de alimentación vai moi tapada, pero ao ser un equipo non moi esixente ten a vantaxe de quentarse pouco.
As probas foron intensivas e o ordenador defendeuse en todas as tarefas sen colgarse nin apagarse unha soa vez, que xa é raro. Longa vida ao noso pipotiño.
Volver, volver, voooolveeeer
Levo uns días sen aparecer por aquí. A verdade é que a volta ao traballo foi intensa, como a de todo quisque, claro. Déixoche un exemplo para que te fagas unha idea dos enunciados que teñen algúns dos documentos cos que tiven que enfrentarme. Como para metelos outra vez no caixón e tirar a chave.
"CIRCULAR Nº 9/2005 DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E ORDENACIÓN EDUCATIVA POLA QUE SE MODIFICA A CIRCULAR Nº 7/2005 DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E ORDENACIÓN EDUCATIVA POLA QUE SE DESENVOLVE A ORDE DO 17 DE ABRIL DE 1997 POLA QUE SE ESTABLECE O PROCEDEMENTO A SEGUIR NAS RECLAMACIÓNS DAS CUALIFICACIÓNS OUTORGADAS NO SEGUNDO CURSO DO BACHARELATO ESTABLECIDO NA LEI ORGÁNICA 1/1990, DO 3 DE OUTUBRO, DE ORDENACIÓN XERAL DO SISTEMA EDUCATIVO."
Outro que volve é o noso arume arpado, un bloguisome que se prodiga pouco pero que crea moitas expectativas entre os lectores (non é coña). No seu último artigo comenta unhas desafortunadas declaracións da ministra Narbona.
Volvo eu, neste reencontro despois de varios días sen navegar a pracer pola rede, á bitácora de Brétemas, na que sempre atopo algo interesante que ler. Nesta última semana traballou a fondo un tema que lle queda moi a man e do que pode aportar un punto de vista moi cualificado: a polémica da gratuidade dos libros de texto.
Sigo o meu paseo e paro "na de" Colazo, que segue a amosar síntomas de bugallismo (xa somos dous). Ollo, non confundirse de Bugallo...
Haberá que tomarlle algo tamén na do Acedre, o noso corresponsal nos USA. Entre as moitas cousas que conta (e moi ben contadas, por certo) hai unha que me deixa frío: o caso dunha familia que rescataron en Nova Orleáns e que levaba unha television e un can. Os rescatadores non tiñan espacio e déronlles a escoller entre levar a tele ou o can. Escolleron a tele.
E non remato este repasiño sen botarlle un vistazo ao meu Iván, un deportivista que non se resigna perante a perspectiva do declive do seu equipo.

Fantasuna
Chegou nun correo este vídeo:
fantasuna_190kbps.asf
Foi emitido pola ETB (Euskal Telebista) e é para esmendrellarse.
Ten paciencia que pesa mega e medio e leva algo de tempo descargalo.
Que-lo-goses.
fantasuna_190kbps.asf
Foi emitido pola ETB (Euskal Telebista) e é para esmendrellarse.
Ten paciencia que pesa mega e medio e leva algo de tempo descargalo.
Que-lo-goses.