Welcome to Cachóns

Cachóns, o lugar de donde eu son. A casa da foto leva deshabitada moitos anos e así estaba ata que un día alguén tivo a idea brillante de engadirlle ese penacho espantoso e absurdo. Arranxaríana para vivir nela, pensarás. Pois non, despois das obras de acondicionamento continuou tan abandonada coma antes.
Pé de foto

Esta foto é parte dunha reportaxe que publica hoxe El Correo Gallego -sección Vida Social Gallega- baixo o título Conferencia de Francisco Pillado en A Estrada.
Non teño noticia das habilidades de Pillado como conferenciante, pero, polo que vexo na imaxe, chego á conclusión de que o pé de foto é pelín disparatado. Será que o redactou Florinda Campoamor, a humorista oficial?
Rarezas?
Circula entre os blogueiros un xogo que consiste en confesar cinco manías, hábitos ou o que sexa que se poidan considerar raros. Feita a confesión, noméanse cinco persoas e líganse os seus blogs para que fagan o mesmo.A min meteume neste lío o amigo Acedre.
Aí van algunhas das miñas rarezas e/ou manías:
1. Madrugar. Sempre desperto cedo e tardo moi pouco en erguerme, sexa o día da semana que sexa e déiteme á hora que me deite. Non lembro a última vez que me erguín despois das dez da mañá.
2. Ramón García. A ese tipo, o presentador de TVE, é que non o podo nin ver. Non me preguntes por que, pero é velo e teño que cambiar de canle. Está claro que terlle tirria a alguén non é ningunha rareza, pero o que non son capaz de explicarme é a razón pola que ese home me produce unha alerxia tan extrema e tan sostida no tempo.
3. Non me gusta o marisco: cómoo por compromiso.
4. Compro máis iogures dos que consumo. Unha e outra vez. Pásame con máis cousas, pero cos iogures é sistemático.
5. Isto que poño agora non é unha rareza, pero é unha situación que cada vez me descontrola máis cando me toca vivila. Resúltame extraordinariamente odioso asistir a reunións de traballo nas que, en lugar de ir ao gran e abordar cuestións concretas, o persoal se dedica a divagar, a contar batallitas, se xustifica por todo ou practica o autobombo. Esas manobras prodúcenme un mal humor que me costa disimular. Cada día máis.
Non vou nomear a ninguén para seguir o xogo. Ti mesmo/a, xa que pasaches por aquí, quedas convidada/o para falar das túas rarezas ou do que ti queiras.
Florinda Campoamor
Non é a primeira vez que alguén me fala da presunta sección de humor do xornal El Correo Gallego que asina unha tal Florinda Campoamor. Imaxino que tan florido nome será unha careta detrás da que sobrevive algún sufrido plumilla.
O caso é que nesa sección publican cada día un chiste. No mellor dos casos trátase dun chiste malo, sen máis, pero non escasean as ocasións en que o chascarrillo se achega aos dominios da caspa, do sexismo e da xenofobia.
Se entras na web de El Correo Gallego verás unha invitación a colaborar con Florinda Campoamor, unha invitación que en realidade é un concurso de chistes ideado, supoño, para alimentar o monstro. Xa sei que non hai que sorprenderse de nada, pero non negarás que ver á glamourosa Iolanda Castaño como vocal do xurado do concursiño de marras resulta un pouco excesivo, coñññioooo!!.
Xa que chegaches ata aquí, ármate de valor e completa a túa inmersión indo ao apartado dos chistes recibidos.

Dez pistas
Se o inicio de ano e a costa de xaneiro te teñen un pouco a velas vir, aquí che deixo algunhas actividades que poden abrirche novos horizontes. A saber:
1. Formalizar a inscrición para recibir o editorial de Libertad Digital en MP3.
2. Participar nalgún comité cívico que teña como obxectivo organizar, con toda a pompa e o boato que sexa menester, as vodas de prata de Paco Vázquez ao fronte da alcaldía.
3. Aprender francés con este MP3 de Zapatero. Ollo ao toque Chiquito de la Calzada que lle sae por momentos.
4. Cavilar no que quererá dicir o normalizador lingüístico de Teo cando afirma que pretende achegar a lingua ao pobo.
5. Facer país e sumarse á reclamación dun Gran Hermano galego que Berto colgou na arañeira. Xa postos, pinchar no enlace de Mari Carmen Mella e admirala en todo o seu esplendor.
6. Non podía faltar: matricularse nun cursiño.
7. Achegarse a Cacheiras (Teo) e adoptar a pose de crítico gastronómico para gozar das excelencias da cociña do Rabudo. Se fose necesario, camelalo dicíndolle que é o mellor facedor de enquisas da rede.
8. Acompañar ao califa do Deza no seu calvario. Aquí che vai un novo episodio. Continuará.
9. Instalarse definitivamente na modernidade. Un recurso práctico e chic. Prohibido non descargalo.
10. Non cobizarás os bens alleos (que grande verdade que as cousas que ben se aprenden non se esquecen). Necesitas confesar os teus pecados/pecadiños? Aquí mesmo.

Normalidade
Sempre pensei que non é doado definir, polo menos para min, o que é ou deixa de ser normal, e iso que nunca faltan voluntarios para dicirnos onde está a normalidade na saúde, nos hábitos sexuais, na alimentación, nas horas de sono e no que sexa.Falei estes días cunha moza que foi á consulta médica para que lle miraran unha dor de garganta bastante molesta. Despois de facerlle a revisión correspondente e de non atoparlle nada, a doutora despediuna cunha grande frase de consolación: Tén vostede unha garganta perfectamente normal.
Seguindo coa medicina e coa normalidade, oínlle hai pouco a un médico un comentario que me parece xenial. Dicía este home que o consumo de alcohol dun paciente está dentro dos límites da normalidade mentras sexa igual ou menor ca o do médico que o atende. Despois de soltar este teorema, dramatizouno con moito xeito: Canto bebe vostede? O normal, media botella de viño á comida, outra media á cea, unhas cañas a media mañá e pola tarde, uns güisquis antes de ir para a cama... Si, sentenciaría o médico, o seu consumo é completamente normal.
Agora imos coa foto. Se é verdade o que lemos no artigo colgado nas paredes dun chiringuito vigués, haberá que tomar ao día unha boa fartura de viño tinto para facer acopio de antioxidantes que nos axuden a previr a aterosclerose, unha variedade, segundo nos informan, da arteriosclerose. Seis vasos de viño para previr enfermidades vasculares? Si, completamente normal.
Libro de estilo
Estes días agasalláronme co Libro de estilo de La Voz de Galicia. Eu xa tivera o de El País; presteino e non o vin máis. Teñen razón os que afirman que hai dúas clases de tontos: os que prestan libros e os que os devolven. Tentarei, desta volta, non volver caer no primeiro destes dous grupos.
Dado o seu corte enciclopédico, o Libro de estilo causa no lector o efecto de que se derrama sobre el o maná do coñecemento. Imaxino que será pouca a xente que sabe que a palabra gigoló foi españolizada pola Real Academia Española no 1992 e suprimida nove anos máis tarde, ou que pederastia e pedofilia non son palabras sinónimas, ou que teremos que celebrar as vodas de diamante no 60º aniversario do matrimonio.
E que dicir da parte denominada, ahí es na, ortotipografía? Moi interesante, por suposto, e con grandes momentos para o humor. Déixame que che transcriba o punto 9 dese apartado:
Debe evitarse que la división de las palabras deje a principio o a final de línea fracciones coincidentes con voces malsonantes (artí-/culo, dis-/puta).
Para que a experiencia tivera sido total só me faltou atopar polo medio das case 600 páxinas do tocho algunha referencia a unha expresión que me produce alerxia e que escoito continuamente: Teño necesidade dunhas vacacións porque preciso desconectar. Cada vez que escoito ese desconectar dame así como un pequeno mal rollo que me supera, pero o Libro de estilo, como é lóxico, non se ocupa das miñas fobias.

Puntos de vista
Atopei a Pabliño hai cousa dunha semana. Pasaron algúns anos e está feito un mozatón, pero para min sigue a ser o mesmo Pabliño de sempre. Pregunteille, claro, pola súa vida. Xa ves, aquí traballando, dime el. E estás contento? Bueno, non está mal. Teño as tardes libres e estou á beira da casa. O malo é que, ao ter tanto tempo libre, gasto moito e non me queda tanto do soldo coma antes. E a que te dedicabas antes? Antes andaba cun camión da ruta. O traballo era escravo e non cobraba moito, pero non tiña tempo de gastar e quedábanme máis cartos para min.
Terra meiga
Os esforzados colaboradores de Falabarato achegan xenerosa, sistemática e altruistamente unha inxente cantidade de documentos, a maioría deles gráficos, que ben saben que son do meu agrado. Así que o primeiro, tal e como fun ensinado, é dar as grazas. O segundo é darlles difusión a algúns deses documentos para compartilos contigo.
Esta foto mándama o meu corresponsal na Mariña luguesa. Moi oportuna nestes momentos de tensión pola restrición legal do consumo de tabaco.

Esta outra foto foi tomada estes días na porta dun bar dos Peares. Xa se sabe que o noso sector hostaleiro ten algunhas luces e moitas sombras.

E esta chega da Kapital. A imaxe do papanoel colgado da ventá ou subindo por unha escada xa é cotiá, pero, polo que levo observado, é pouco común que a versión peluche do heraldo do nadal estea xa dentro da ventá. Menos mal que este non gasta o barrigón con que soe ser caracterizado: mal lle ía ir nesta postura na que o deixaron. Xente sen alma! Por certo, este gordo bonachón non concita unha simpatía tan global como parece, sobre todo cando adopta un certo sabor local.

Epopeia dezá
Aproveito estas entrañables datas navideñas para facer unhas reparacións informáticas de certa envergadura no meu lugar de traballo.
Desguazo algúns equipos xa caducos, aprovéitolles aqueles elementos que me parecen aínda útiles e desboto o que xa non vale máis que para ocupar o sitio que non temos.
E que hei facer con toda a chatarra? Haberá que buscar un xeito de desfacerse dela que asegure a súa correcta xestión medioambiental, un problema de crecemento exponencial no que non se está a cavilar nin traballar o suficiente.
Chamo ao Concello de Silleda, que é o que toca. Nada, non teñen ningún servizo de recollida desta caste de obxectos. Alguén me di que chame a Lalín, que alí teñen un Punto Limpo. Así o fago e infórmome dos horarios. Cargo o coche de cacharrada e tiro cara o Punto Limpo, que é unha oficina pequena que dá a unha explanada con diversos colectores. Chego, identifico a procedencia do material e a empregada dime que daquela non, que para deixar alí o lixo cómpre ser de Lalín e que non valen enganos pois piden o documento de identidade. Explícolle que levo alí os ordenadores porque en Silleda non me dan opción. Agora fala un home que tamén está na oficina, vestido cun uniforme de non-sei-que (moito nos gustan os uniformes: en poucos sitios do mundo farás tan feliz a alguén como aquí deixándolle que exhiba un chaleco fosforito). Dime que o que debo facer e deixar todo ao carón dos contedores, para que o Concello de Silleda asuma as súas responsabilidades. Estou tan flipado que marcho cos ordenadores para a casa.
Á mañá seguinte, que é a de hoxe, vou á Ecoplanta de Silleda. Alí atopo de encargado a un vello cliente do meu negocio. Dígolle que teño o coche cheo de restos de ordenadores, que el ben coñeceu hai uns cantos anos cando aínda estaban na súa vida útil. A súa amabilidade exquisita deixa escapar un pequeno xesto de contrariedade. Se son menos de dez quilos, di, non pasa nada. E logo, retruco eu? Verás, é que aquí chega só o dos camións, e iso pesámolo na báscula. Non está previsto que veña por outros medios. Ensíname, mentras me fala, un papeliño que leva na man coas contas que lle vén de botar a báscula a un dos camións.
Xa me vexo levando todo de volta. Grazas a que o encargado me coñece consigo que me deixe arrimar o coche a un gran colector marelo. Entre os dous tiramos a miña cacharrada para que se mesture con restos de cochóns, sillas rotas e todo tipo de enseres.
Marcho aliviado.