Malentendidos
Hoxe traio un vídeo que atopei pola rede. É un anuncio dunha academia de inglés no que se xoga cos efectos, neste caso tráxicos, que pode causar o deficiente coñecemento dunha lingua.
Por se non entendes inglés (non é obrigatorio sabelo, por suposto), o que sucede é que o gardacostas, que é alemán e novato, recibe un SOS en inglés no que lle comunican desde un barco que se están a afundir ("sinking"); o gardacostas interpreta erroneamente a frase e confunde o verbo, de modo que en lugar de "sinking" entende "thinking", co que a expresión "estámonos a afundir" convírtese para el nun "estamos a pensar" que o deixa perplexo. Un pouco aturdido pregúntalles, por aquelo de seguir o fío da conversa, en qué están pensando. Mentras tanto, o barco vai para o fondo. En fin, pásalle a calquera... Se non che funciona a ligazón que puxen arriba podes probar con esta.
Na mesma liña vai tamén este outro anuncio, neste caso protagonizado por unha familia holandesa. Con razón sorrín as nenas cando ven aos papás tararear o contundente estribillo da cancionciña de turno: I wanna fuck you in the ass.

Poteitos
Hoxe pola mañá tocou poñer as patacas. A foto recolle o momento en que, xa dispostas nos regos, iamos tapalas recurrindo ao clásico sistema de botarlle terra ao asunto.Mentras traballabamos pensaba eu no que faría miña nai, que seguramente é unha das máis devotas pataqueiras do planeta (ela chámalle sempre pataquiñas), se se lle presenta pola porta algún predicador dalgunha das dietas que as prohíben coma se fosen veleno. Está claro que miña nai se apuntaría a este outro bando.
India Driving
Ese é o título dun vídeo ao que se pode acceder en YouTube, un portal moi de moda.
Ponte cómoda/o e pincha aquí.
Ponte cómoda/o e pincha aquí.
Abril en Oza
Hoxe meus pais foron comer fóra da casa, o que constitúe un feito totalmente extraordinario. Mentras ese milagre se producía, e á espera de ilos recoller ao restaurante, collín a cámara e gravei pola eira adiante, sen moito ton nin son. Iso si, gocei dun sol espléndido.
O resultado da gravación podes velo aquí. Non esquezas poñer os altavoces.
O resultado da gravación podes velo aquí. Non esquezas poñer os altavoces.
Mal carácter gremial

Esta imaxe mandouma Luísa, colaboradora habitual deste blog e asesora lingüística oficial de Falabarato. No seu correo dime que a foto "está feita nun dos supermercados DIA do Milladoiro, e creo que ten moita miga. Non sei se isto ten que ver co carácter das caixeiras pero co dos xefes supoño que si. Cando resolvas o caso tamén podes investigar as causas do mal carácter que ao parecer teñen as profesoras de galego, que me intriga máis."
O lado escuro
Levo un tempo buscando pola rede evidencias que corroboren unha afirmación que oín de moi boa fonte: o mal carácter das caixeiras dos supermercados Día responde a consignas da empresa.
Non dei atopado nada reseñable ao respecto, e ben que o sinto. Iso si, polo camiño tropecei coa versión dunha das propias interesadas. Transcríboa na súa literalidade:
trabajo en supermercados dia% desde ace un año.
sinceramente si sigo hay es por mis compañeras k las kiero komo ami familia nos llevamos todas genial si no fuera por ellas no avria aguantado alli ni dos dias.+nos explotan;somos cajeras reponedoras señora d limpieza todo en uno y kon un sueldo k da pena y pa kolmo aki en bilbao no t pagan las horas k metes d mas.
ni se os okurra exar currikulum si no keris koger vaja por depresion
aparte los clientes son peores k nosotras e akavao llorando mas d una vez m insultan m gritan m amenazan m roban en fin
lo k hay k aguantar a mis 19añitos
agur
Se queres máis, aquí.

Tradicións
A primeira: a viaxe primaveral a Riazor para que Iván o Deportivista e Ricardo se emocionen co Depor dos seus corações. Claro que disfrutar disfrutan cada vez menos co xogo do equipo, que non dá para moitas alegrías. Iso si, as penas con pan son menos penas. Velaí a proba gráfica. Atención aos tremendos bocadillasos.

A segunda das tradicións: esta é doméstica e seguímola cada ano en Oza (concello de Teo, lembra). O día da Pascua está consagrado á tortilla. Na miña casa faise unha tortilla normal, que é a da foto (mamá Esther en acción), e outra con ovo e chourizo pero sen pataca. Ovos e colesterol a esgalla, pero todo da casa, eh. O postre non pode ser outro máis que un bo anaco de rosca, ou dous. Ou tres.

Os ateos rillan churrasco de boi
Esta foto foi tomada na entrada dunha casa de comidas da compostelanísima e catoliquísima Rúa de San Pedro. Hai que felicitarse, pensa este Falabarato, de que aos ateos, que tamén son fillos de deus (de calquera deles e/ou de todos á vez), se lles dea a opción de inxerir proteína de orixe bovina e porcina mesmo en datas tan sinaladas como a de hoxe. É evidente que comer churrasco é un flagrante incumprimento do preceuto do xexún. Por se aínda estamos a tempo de remediar algo, aí che deixo unha páxina onde te informarás debidamente da cuestión. Unha boa noticia, tamén rescatada da devandita páxina: "Bebidas alcoholicas no rompen el ayuno; pero parecieran contrarias al espíritu de hacer penitencia."
Caballero Legionario

Igual que os intelectuais consagrados soen afirmar nas entrevistas que eles, máis que ler, o que fan é reler, eu tamén quero proclamar o retorno a un dos meus clásicos, Armando Blanco, alcalde de Teo e recordman mundial de condecoracións e distincións.
Desta volta acaba de ser nomeado membro de honra da Hermandad Nacional de Antiguos Caballeros Legionarios, un título con aire ransioso que el festexou con amigos como El Fary. Máis información e fotos na edición dixital de El Correo Gallego.