Vivan as autoridades!

Despois de vinte días de parón blogueiro xa me ía tocando regresar ao choio. O documento que che traio hoxe achegoumo meu irmán despois dunha viaxe a Viveiro que lle deu, entre outras cousas, para facer unhas fotos ben xeitosas.
Néboa
Os rapaces de Alén están en racha. Uns meses despois de publicar Simplemente, o seu disco de debut, andan xa a voltas coa gravación de novos temas. Un deles é Néboa, que Falabarato che presenta cando aínda é só unha maqueta. E para que non teñas queixa, a música está editada en formato visual con ingredentes estelares: cereixas de Belesar (hmmmm!), paisaxes de Teo (non necesariamente bucólicos) e fragmentos do vídeo que Alén incluía no CD Simplemente (sen o seu permiso; saberán desculparme?).
Todo iso, damas e cabaleiros, pinchando aquí.
Se che resulta imposible descarregala (problemas de códec, posiblemente, o que indica que deberías actualizar o equipo con algún codec pack), proba a velo nesta ligazón. A calidade é peor, pero polo menos vese...

Canción protesta