Fernando
Onte tiven ocasión de pasar a tarde no taller de Fernando Rodríguez, escultor e veciño de Siador (Silleda). Pagou a pena, claro.
Outono
Aínda que non foi tan maligno como se presumía, o furacanciño que nos visitou esta semana trouxo algunhas consecuencias. Unha delas, de natureza digamos psicolóxica, foi activar o chip do cambio estacional e poñernos alma de outono. Será por iso que, despois de revisar un vídeo que editara en agosto no que recollía unha viaxe turística polas terras de Teo [aquí o podes ver], sentín certa necesidade de contrapesalo cunhas imaxes do outono que se instalou na miña aldea [se che apetece velo, fai clic].
Sesión vermú
A Santa Eufemia é unha romaría de moita tradición na zona e, por suposto, a festa máis importante da miña parroquia. Este ano actuou a Banda Municipal de Teo, que integra nas súas filas a dous músicos da miña familia, Ángel e Graciela. Para Graciela, a miña afillada, vai este vídeo.
Motos en Sanssensso
Míster F. acudíu estes días a unha concentración moteira en Sanxenxo e gravou dúas horas de vídeo. A ver se o pasas ao PC e fas unha reportaxe, me dixo. Pois vale.
WC Art
Recibín esta foto nun correo remitido polo venerable profesor X.X. A imaxe chega acompañada do seguinte texto:
Envíoche unha instantánea feita por un amigo meu indo de Santiago á Mariña para que a valores por se puidese valerche para algún comentario ou reflexión on line.
Pois iso, a reflexionar...

Envíoche unha instantánea feita por un amigo meu indo de Santiago á Mariña para que a valores por se puidese valerche para algún comentario ou reflexión on line.
Pois iso, a reflexionar...

O agro de Carboeiro
Polo que se ve, a chegada do tren de alta velocidade vai precedida de actuacións que causan un grande impacto sobre o territorio. No vídeo, o agro de Carboeiro (Silleda), convertido en enorme escombreira.