Muiñada
Estamos en novembro, os días son máis curtos, pronto asomará o frío... Xa vai apetecendo quentar o forno e preparar, poñamos por caso, unha empanadiña de millo. Os primeiros pasos xa están dados e aquí se che mostran: debullar e limpar o grao, moer e peneirar.
Que opinas, por certo, da debulladora biónica? A manivela foi substituída por un vello motor de ordeñadora: arte en movemento.

Flickr
Veño de crear dúas carpetas na miña conta de Flickr.
A primeira delas contén seis fotos do amigo Iván o Deportivista vivindo un dos seus grandes momentos da tempada [aquí].
A outra recolle parte dos froitos dun traballo no que participei hai uns anos e que valeu para recopilar e dixitalizar fotografías antigas de Silleda e da súa xente. Para ver unha escolma dese traballo, fai clic.
Cada vez que volvo mirar estas fotos lembro as horas que invertimos en xuntalas e escanealas. Teríanos levado moito menos tempo aprender catalán, por poñer un exemplo.