Falabarato
Xa é sabido que o falar non ten cancelas...
Acerca de
A foto non é moi actual, pero é que en moitas cousas non cambiei desde aquela. É unha foto que me encanta pola cara que se lle queda a miña nai.
Sindicación
 
Santo Tomé
Este inicio do nadal estame resultando un pouco movido, e non sempre para ben. De todas formas, como non é o meu hábito usar este blog como pano de bágoas, aparcarei as penas e deixareiche hoxe un vídeo ben xeitoso. O venres 22 animáronme a asistir á festa do Santo Tomé que se celebrou no teleclube da parroquia silledense de Parada. Alí, armado con trípode e cámara, gravei máis de dúas horas de cinta. Tanto me gustou o material que decidín facer tres cousas: un vídeo oficial, duns 28 minutos de duración; un pase de diapostivas coas fotos realizadas por un improvisado axudante; e un vídeo de curta duración e sen imaxes de nenos (difícil, pois había moitos) para colgar no YouTube. Convídote a velo:

 
Terror
Estes días rescatei un soño da memoria. Non se trata dun soño meu, senón do dun venerable profesor de instituto co que estaba de charla.
Un día descúbrese que teño unha asignatura pendente de octavo da EXB. A maquinaria burocrática empeza a traballar e vou perdendo sucesivamente o graduado escolar, o bacharelato, o COU e a carreira. Xa non teño títulos académicos, polo que impugnan o meu aprobado nas oposicións e perdo a miña praza. É daquela cando desperto horrorizado.

Esta tempada estiven a cargo dun curso de imaxe dixital para profes. Non foron moitas horas de contacto, pero foi tan grato que sinto certa mágoa por telo rematado. A ver se vai resultar que Falabarato é un sentimental... Se queres ver unhas imaxes do grupo, preme aquí. Por certo, o que aparece explicando é o meu amigo Antonio, que veu botar unha man.
 
Zorza
zorza s.f. Carne de porco picada e adubada, coa que se fan os chourizos. A zorza ten que repousar dous días nun sitio fresco. SIN. amoado. CF. mondongada, mondongo.Gústalle a zorza moi picante.