Falabarato
Xa é sabido que o falar non ten cancelas...
Acerca de
A foto non é moi actual, pero é que en moitas cousas non cambiei desde aquela. É unha foto que me encanta pola cara que se lle queda a miña nai.
Sindicación
 
A herbeira de Paredes
Onte fixo un día xeitoso para andar. Despois desta tempada de choiva e máis choiva, agradécese moito un día no que poder aparcar o paraugas e gozar dun raioliño de sol.
Levaba días pensando en ir a Paredes, unha aldea pegada á miña. Alí temos unha leira, unha herbeira pequena que me trae lembranzas moi específicas da infancia. Alí gravei as imaxes coas que fixen este vídeo, no que, por certo, fago o meu debú como locutor.



 
Máscaras en Oza
Había ansia de festa en Oza, así que onte celebramos o entroido. Mellor dito, onte foi o día das máscaras, que é como nós lle chamamos.
Contarei rapidiño como celebramos as máscaras. Fórmase unha comitiva que percorre toda a parroquia durante un día enteiro, deténdose a cada tanto para facer a correspondente performance.
Á cabeza do grupo marcha un fato de xinetes luxosamente ataviados; a eles tócalles o labor de ir anunciando a festa, dar as vivas e, xa ao remate do día, protagonizar os atranques (desafíos).
Detrás dos cabaleiros (e tamén, xa desde hai uns anos, das amazonas) veñen os grupos de disfrazados e todos os tranganillos que a xente fabrica con esmero para que luzan ese día.
Gravei parte do show e subino á rede en dous arquivos. Se queres velos, sírvete ti mesmo/a:
-Máscaras de Oza (parte 1)
-Máscaras de Oza (parte 2)
 
Os pendellos
Os pendellos constitúen un recinto arquitectónico ubicado no núcleo urbano d'Agolada (provincia de Pontevedra), que era utilizado como punto de venda nas feiras da localidade e como cobixo dos comerciantes. Din que a súa construción data do século XVIII. Se queres saber máis, remítote ao blog deste agolense que escribe tan ben (cousa que sempre se agradece, non mo negarás...).
O que che presento agora é unha reportaxe fotográfica feita nun fermoso día de choiva e frío.