Paxariños novos
Hoxe déixoche un vídeo que hai tempo que quería facer. A música é, unha vez máis, de Arab Strap (New Birds), e as imaxes pertencen a un traballo feito por Alex Ghalpon nos cascos antigos de Pontevedra e Santiago.
Visita ao Pedroso
Xoves, 8 de marzo. Xa facía quince días que colgara na porta do frigorífico a nota coa cita co dentista. É unha cita que me asusta, por moito que sexa unha revisión e por moito que as técnicas que se empregan hoxe na profesión estean a anos luz das de tempos non tan alonxados. Quedo libre ás once e media da mañá e aproveito o tempo que falta para o xantar para facer un percorrido ata o Pedroso, un bo sitio para ver a cidade. Está unha mañá soleada, a temperatura é boa e a Nikon ten ansia por traballar.
Este é o Pedroso, uns meses despois da traxedia do lume.
Este é o Pedroso, uns meses despois da traxedia do lume.