Falabarato
Xa é sabido que o falar non ten cancelas...
Acerca de
A foto non é moi actual, pero é que en moitas cousas non cambiei desde aquela. É unha foto que me encanta pola cara que se lle queda a miña nai.
Sindicación
 
O Agro dos Muíños
Dá moita mágoa ver como vai o río Tella ao seu paso por Oza. Custa crer a meu pai cando afirma que bebía tranquilamente das súas augas cando era novo. O líquido que carrexa agora é unha sustancia abafante que non invita precisamente a achegarse a ela.
O vídeo que che presento hoxe recolle imaxes gravadas o sábado pasado pola tarde mentras paseaba con meu pai polo Agro dos Muíños. Brillante panorama: o río, contaminado; os muíños, arruinados; o persoal, resignado.

 
Feira d'Agolada
Onte tiven que apandar cunha (absurda) sesión de burocracia matinal. Rematado o trámite, fixen unha escapada á terra de Manuel Busto para ir á feira e gravar un pequeno documento.
 
Vacacións
Hoxe empecei as miñas vacacións de Semana Santa; así de previsibles somos os curritos, non si? O primeiro que fixen, despois de darlle unha pasadiña á limpeza doméstica, foi poñerme ao día cos vídeos que tiña pendentes.
O primeiro deles graveino o domingo pola tarde. Está filmado no formato panorámico (16:9), polo que desta volta non o subín ao todopoderoso YouTube, que se obstina en pasalo ao 4:3. Pois vale, hai que buscar alternativas. Buscando-buscando pola rede, dei con Stage 6, un servizo de aloxamento de vídeos que promete máis calidade que YouTube ou Google Video. A cambio, precisa que instales un plugin Divx (sen problema, só hai que aceptar o que aparece na pantalla) e máis ancho de banda. Se tes paciencia, verás os resultados e poderás opinar, cousa que che agradecerei.

Esta é a ligazón á miña conta de Stage 6.

O segundo vídeo, que si está no YouTube, é un agradecemento a María, unha moza que me axudou estes días a realizar unhas melloras no equipamento informático do meu centro de traballo.



PD. Debín tocar mal algunha tecla e eliminei o post no que presentaba o vídeo coa segunda remesa de fotografías que Alex Ghalpon fixo polo casco antigo de Pontevedra. Aquí está de novo.