Falabarato
Xa é sabido que o falar non ten cancelas...
Acerca de
A foto non é moi actual, pero é que en moitas cousas non cambiei desde aquela. É unha foto que me encanta pola cara que se lle queda a miña nai.
Sindicación
 
Pexegos
O domingo celebrouse o San Miguel na miña parroquia. Pola tarde fixen o percorrido habitual pola horta e impactoume a imaxe da inmensa cantidade de pexegos tirados polo chan, nesa fase na que avanzan aceleradamente da madurez a podremia. Aínda comín ben deles, coa avidez de quen quere atrapar un momento único.

 
Os Castros de Toiriz
Silleda é un concello rico en restos castrexos.
Hai dous días carguei as cámaras e fun conquistar o que coñecemos por Monte dos Castros, situado entre o lugar de Toiriz e a vila de Silleda. A tarde estaba soleada, mesmo parecía o agosto no que estabamos, e eu tiven a oportunidade de gozar completamente a solas da visita. Por certo, esta visita foi posible grazas ás tarefas de recuperación e acondicionamento que veñen levando a cabo o grupo de voluntarios que forma o Colectivo pola recuperación do Castro de Toiriz.