Falabarato
Xa é sabido que o falar non ten cancelas...
Acerca de
A foto non é moi actual, pero é que en moitas cousas non cambiei desde aquela. É unha foto que me encanta pola cara que se lle queda a miña nai.
Sindicación
 
Spot do entroido 2008
Aínda estamos en plena apoteose de turróns e demais excesos navideños e xa hai xente pensando na cachucha, nas filloas e nas orellas. O entroido 2008 xa está aí, e non é coña!
No vídeo que colgo hoxe podes ver a Uxío, un esforzado -e improvisado- poeta traballando na tarefa de fraguar os atranques, uns dos elementos que máis caracterizan a celebración do entroido de Oza.

 
Felicitación de Nadal
E por que non unha felicitación de Nadal en vídeo, preguntouse Falabarato? Dito e feito. O mesmo día no que se emite o discurso navideño do rei Juan Carlos, coa súa bandeira e o seu belén de fondo, Falabarato grava unhas imaxes nun lugar que lle é moi grato: a capela de Santa Isabel, en San Fiz de Sales (Vedra).
Un día soleado, agradable, cunha brisa bastante morna para o tempo no que estamos. De fondo, e grazas a un aparato de radio que un veciño puxo a todo trapo, os da Cope fartánse de darlle caña a Zapatero enumerando, sen moito espíritu navideño, os desastres aos que seica nos conduce a era socialista.

 
Again
Toca volver, despois dunha boa tempada no dique seco. Non quero dicir que non fixera ningún vídeo neste tempo, senón que ningún dos que fixen acabou na rede. Ademais, veño de sufrir un terrible abandono: a miña actriz fetiche -miña nai- descubriu que a xente da parroquia a ve nos meus vídeos e tomou a firme decisión de non volver saír neles. "Polos de fóra non importa, pero non quero que me vexa a xente da parroquia facendo os chourizos".
Ou sexa, que teño que empezar unha nova etapa. Mentras tanto, déixoche unhas estampas de Teo en plena campaña de Nadal. Os veciños están polo labor de adornar os seus lares con motivos navideños; e a donde non chegan os veciños faino o concello, que nos obsequia con renos, trineos e estreliñas luminosas. Canta felicidade!