Falabarato
Xa é sabido que o falar non ten cancelas...
Acerca de
A foto non é moi actual, pero é que en moitas cousas non cambiei desde aquela. É unha foto que me encanta pola cara que se lle queda a miña nai.
Sindicación
 
Daniel conquista Oza
Este domingo, o 27 de xaneiro, foi o día das máscaras de Oza, que é a nosa maneira de festexar o entroido. Houbo coros, cantares, xenerais e correos a cabalo, troula e máis troula... De todo o que vin e gravei escollín un atranque co que Daniel encandilou aos presentes. A mágoa foi que fallase o opoñente co que se tiña que medir, que tivo que ser substituído a última hora.



 
Feira de Meira
Un pouco de turismo para rematar o 2007. O máis curioso é que non merquei nada, a pesar de tan suculenta oferta como había.