Tortilla de pascua
Na miña casa mantense viva a tradición de celebrar o día da pascua cun recital de tortillas. E que dure...
Para demostralo, o vídeo do making-off que aquí che deixo.
Para demostralo, o vídeo do making-off que aquí che deixo.
Tarde de tormenta
Algunhas veces un é quen de prever, por moi torpe que sexa, a chegada dunha tormenta. Eso mesmo foi o que me pasou a min onte pola tarde, cando unha repentina acumulación de nubes me aconsellou renunciar ao meu paseo e quedar pola casiña. Non tardou moito en cumprirse o pronóstico; en poucos minutos cubriuse o ceo e empezou a chover, mesmo a apedrazar.
A cousa foi relativamente suave e non causou danos. Aínda ten que chover moito para que abran as dúas fontes da miña casa, que este ano se resisten coma nunca.
A cousa foi relativamente suave e non causou danos. Aínda ten que chover moito para que abran as dúas fontes da miña casa, que este ano se resisten coma nunca.
Primavera?
Empezou o mes de marzo, que sempre é promesa de cousas novas. Para celebralo, Falabarato fixo o seu paseo dominical coa Canon ao lombo.