Falabarato
Xa é sabido que o falar non ten cancelas...
Acerca de
A foto non é moi actual, pero é que en moitas cousas non cambiei desde aquela. É unha foto que me encanta pola cara que se lle queda a miña nai.
Sindicación
 
Xuntanza de blogueiros en Agolada


Onte recibín un recado de Manuel Busto, ese gentleman agolense a quen tiven o pracer de tratar:
Amig@ blogueir@: Queremos informarte da Xuntanza de blogueiros que terá lugar en Agolada (Pontevedra) o día 31 de maio de 2008. Gustaríanos contar coa túa presencia. Agradecémosche que lle deas publicidade ao evento desde a túa páxina.
Adxunta unha web de referencia.

Non sei se participarei nesta kedada, pero a solvencia de quen a organiza e o impresionante marco no que vai ter lugar son argumentos que estou considerando para vencer esa especie de pereza que me producen xenericamente tales concentracións. Se Edelmiro Silveira non tivese caído nun letargo de meses, esta blogoconcentración habíalle dar para algún comentario memorable e, vaiamos ao fundamental, para compartir unhas cervexiñas con Falabarato. Aí queda esa luva, don Edelmiro.

No camiño que leva de Lalín ata Agolada está a parroquia de Goiás, que é onde se gravou o vídeo que hoxe che traio. Cómpre aclarar que desta volta non foi Falabarato quen fixo o traballo, senón Xoán Carlos García, un compañeiro e amigo que é veciño desa parroquia lalinense.
Prometeume Xoán Carlos que o traballo me ía gustar e no se enganou, abofé. Impresionoume a lucidez coa que Modesto López, que é o señor que fala no vídeo, reivindica aos seus 84 anos a vixencia da necesidade da transmisión diso que globalmente podemos chamar a tradición.
(Aproveito para estrear unha conta en Dailymotion, un portal de aloxamento de vídeos que me parece máis potente que o YouTube, cando menos en prestacións. Xa me dirás.)


Os consellos de Modesto
Cargado por ocense
 
Xestión de residuos
Non é esta a primeira vez que aproveito este espazo para expresar a miña queixa pola penosa situación na que se atopan os dous ríos que pasan por Cachóns: o Tella e o Santa Lucía.
Este domingo fun con Uxío (o creador de Pipotinho) dar un paseo que me valeu para constatar que todo sigue igual. Especialmente escandaloso me sigue parecendo o caso dun depósito de augas residuais que verte directamente ao río o seu contido desde hai varios anos.