O Dr. T

Unha pequena cuestión de traballo lévame hoxe ao encontro dun Richard Gere caracterizado de doutor. E falo en serio, que un non bromea con estas cousas.
Viaxo sen presas na compaña dunha choiva mansa e intermitente. Pouco tráfico pola N525, a estrada que percorro case a diario. De cando en vez éncheseme o coche dun fedor a purín que me atravesa. Nada que ver con aquel case entrañábel olor a bosta doutro tempo non necesariamente mellor.
Paso Lalín e collo cara Rodeiro. A paisaxe, reverdecida polas recentes augas, está a punto de caramelo. Por moito que o intenta, o pendellismo non pode con ela. De momento, claro.
Cruzo Monte Faro e véñenme á cabeza, como sempre que por alí paso, as romarías políticas que ti ben lembras. Asómbrame a cantidade de aeroxeradores que están instalados na cima. Non irán sendo horas de que alguén diga apagha a lus?
Un raioliño de sol cubre Chantada mentras papo un bo xantar dos de toda a vida: carne asada con patacas e tarta de queixo feita no forno, que é a que me gusta. Espléndido o bo facer de Xulia.
O traballo, que é ben lixeiro, agarda nas terras da Ulloa. Alí, quen o ía pensar, recíbeme o sorrinte doutor Gere.
Comentario:
vaia,vaia,vaia!!quen lle ía dicir ó Richard da miña amiga que ía sair no internete!!pero bueno agora todo se volve caixa tonta e verbas cibernéticas:o falar cara a cara na tranquilidade dunha estancia acolledora e con boa compaña está en desuso.é mellor o silenzo noctámbulo frente á caixa tonta...¡¡e iso que agora che gusta deitarte cedo!!non sabía que a de queixo era a que máis che gustaba.... daseche peor dicilo en persoa e iso que eu non mordo tampouco...
Comentario:
Acedre, se andiveras por aquí poñiámoslle remedio de inmediato. ;)
Comentario:
Que lareca me esta dando !!.