Falabarato
Xa é sabido que o falar non ten cancelas...
Acerca de
A foto non é moi actual, pero é que en moitas cousas non cambiei desde aquela. É unha foto que me encanta pola cara que se lle queda a miña nai.
Sindicación
 
Enxebrismo


Non hai moitos días volvín reparar, mentras facía algo de limpeza, na miña pequena pero potente colección de vinilos en formato single. Xulga ti: Hermanos Calatrava, María Ostiz, José Guardiola...
De todas as portadas hai unha que me seduce por enriba das demais: Canciones Gallegas, de Manolo Mirás (y su conjunto), un disco editado en 1961. Hai tanta inxenuidade nesa composición que me parece imposible non enternecerte cando a miras.
A contraportada tampouco ten desperdicio. O propio Mirás asina un texto colosal do que che copio algún anaquiño:
"En tiempos primitivos, en aldeas, pueblos y ciudades de Galicia eran amenizadas las típicas 'Romerías' por conjuntos de gaita gallega, ataviados éstos con sus respectivos trajes regionales.
[...] De todo esto, intentamos hacer eco en Venezuela, Colombia y Norte América, cosa que se llevó a a cabo con éxito satisfactorio, sustituímos las gaitas por un conjunto adecuado con ritmo brillante (pero enxebre), que entusiasma a los emigrantes alejados de nuestra 'meiga' Galicia".
Etcétera.
 
Comentario:
Home pequeno e can rabelo....¡Pra FODELO!
 
Comentario:
Valioso achadego e boa discusion de rabudo, rabelo e rabon.
Eu creo que ten razon Luisa e rabelo e rabon (anque pareza contradiccion) significan de pouco rabo ou sen rabo. Eu nunca sentin iso de rabudo como can sen rabo, pero pode ser que o empreguen nalgunha zona e eu non o saiba...
Saudos.
 
Comentario:
Moitas grazas, Luisiña. A ver se alguén che erixe un monumento ou manolito na túa Queixa natal.
 
Comentario:
Se teño que facer aquí de "voz autorizada" direi que na miña terra usamos rabelo ou rabón co significado de "sen rabo", e rabudo co sgdo de "co rabo grande" e tamén co de "malas pulgas" Como se supón que me toca facer de experta comprobeino e no dicionario tamén vén así.
Miña avoa dicíame un refrán:"home coxo e can rabelo, escapai del coma do demo". Eu sei que os coxos teñen mala prensa, pero non sei a razón da mala sona dos cans rabelos. Entenderíao mellor se fose ao revés: cans coxos, e homes rabelos. Ou non?
 
Comentario:
Efectivamente!!!!! Rabudo é con rabo longo. Recoñezo que na miña casa sempre se empregou como sinónimo de rabelo, pero tedes razón, debe de ser un viguesismo. En calquera caso, os bichos sen rabo din por aí que teñen mal xenio
 
Comentario:
Eu non é que sexa moi competente nestes temas, pero diría que sen rabo é "rabelo". Que se alcen voces autorizadas para aclarárnolo: Luísa, a juagaaar, como dicía o señor Prat.
 
Comentario:
Rabudo é sen rabo? ah...
E si que entrevista ben o rapás.
 
Comentario:
Grazas pola parte que me toca. O de rabudo é máis polo carácter (no rasgo físico ando na media, ¡menudo problema que fora rabudo de veras, isto é, sen rabo!). De pequeno, a miña nai sempre me chamaba rabudo, e no traballo teño un compañeiro que tamén me di sempre que son rabudo porque, á que me tocan nada o nariz, salto. Vou enlazar o teu post de Mirás no blog, xa que estamos coa familia. Pareceume un nome simpático, así que rexistrei o dominio e todo, www.rabudo.com (por sete euros ao ano...)
 
Comentario:
Non temos máis datos. De todas maneiras, o disco leva publicado 44 anos, así que é de supoñer que este Mirás debe estar algo carrozón para entrevistas. Por certo, un xénero ao que lle tes moi ben collido o punto, Rabudo. E agora a pregunta que che levarán feito moitas veces: o de Rabudo é por mor dalgún rasgo físico ou de carácter? Cambio.
 
Comentario:
¡¡¡DIOS, qué achádego!!! Se dades con este meu primo, prometo facerlle unha entrevista. Non será o alcalde de Oroso que tivo pasado cantante...
No