Falabarato
Xa é sabido que o falar non ten cancelas...
Acerca de
A foto non é moi actual, pero é que en moitas cousas non cambiei desde aquela. É unha foto que me encanta pola cara que se lle queda a miña nai.
Sindicación
 
Reciclaxe
Colle a estrada que vai de Bertamiráns a Negreira, cruza a ponte do río Tambre e, xa no feudo de José Blanco Pazos, pronto verás o valo que se amosa na foto. Está feito con esmero e cuns materiais de primeira: os marcos que indican a quilometraxe nas estradas. Bueno, onde digo indican deberei dicir indicaban, porque a estes xa os papou o demo.
Ti dirás se esta construción entra no dominio do que por aí denominan agropop-art. Eu creo que si.
Seguro que se este home levantase a cachola sería un dos primeiros en felicitar a este artista nicrariense (encántame este xentilicio, case máis ca alaricano).
 
 
Comentario:
Ilegal? Tenme toda a pinta de ser, como mínimo, unha falcatruada.
 
Comentario:
E non sera ilegal iso?.
 
Comentario:
e tanto que si! É agropopart en estado puro.
No