Non podo resistirme...

Chégame ao correo un deses arquivos feitos no Powerpoint que tanto circulan. Nel descubro a José Ángel e o seu disco, intitulado Madre, soy cristiano homosexual. Son automaticamente abducido e mergullo na rede buscando máis. Máis, sempre máis.
Atopo unha páxina memorábel e alí descubro a José Ángel con outros clons que alguén tivo a santa paciencia de ir recopilando e, manda wes, glosando con crueldade infinita.
O mellor é que trae un enlace para descargar o tema e poder oílo. Asegúroche que cando chega o estribillo e solta o de "Madre, soy cristiano homosesual" sentes que a música acadou, grazas a este José Ángel, un punto de non retorno.
Comentario:
Comentario:
Eu creo que o que máis criticamos nos demais é aquelo que máis odiamos de nós mesmos. E direiche que a Festa da Peseta foi un fito dificilmente superábel.
Comentario:
Vamos, que parecemos un club de horteras: unha que lle regala ao marido os dous españoles (valor!), todos admiradores dos Dous Españoles, outro que vai á festa da Peseta (que vaia nome!). Con que dereito ridiculizamos a este pobre Angelito?
Comentario:
Pois eu aínda hai pouco baixei de internés algunhas cancións dos 2Spanish porque mos pedíu unha compañeira para facerlle un agasallo ao marido. É máis, cando participei en Gres (As Cruces) como Pailán DJ na Festa da Peseta (decembro de 2001, despedida da "rubia"), levaba algún tema dos Dos Españoles que non desmereceron perante talentos como Pablo Abraira, María ostiz,
Comentario:
Eu fun de pequena a unha aldea De vila de Cruces, a ver ós dous Españoles con meus pais. E sabía todas as cancións, que cantaba con miña nai grazas ós recortes da Pronto, que traían as letras das cancións de moda. "Doce cascabeles lleva mi cabaaaallo, por la carrreteeeeeeeera".
Comentario:
Os Dous Españoles son sagrados para min. Ata lembro parte da letra da súa célebre canción dedicada ao camioneiro: "Con una mano al volante y con la otra, elegante, enseñas a conduciiiiiiir". Así que non sintas vergoña por ter asistido a tan magno acontecemento musical.
Comentario:
Pois eu tampouco podo resistime a contar isto: furgando na páxina onde se atopa este terrible adefesio descubro que eu estiven nun concerto dos Dous Españoles. Vou conservar o anonimato porque sen dúbida isto sería unha terrible "tacha" no meu currículo "intachable" de nacionalista. Sobre todo porque algunha das flores que lle dedican é "nombre que llama la atención de los nostálgicos del antiguo régimen, adoradores del aguilucho, besadores compulsivos de nuestra bandera bla bla bla". E tamén di que teñen "avidez por abrirse en mercados vírgenes". Esta debeu ser a razón de que eu os vise!
Comentario:
Eu xa o escoitara hai tempo, a verdade é que tamén me conmocionou a canción. Como era?... "España va bien". Unha demostración máis da realidade artística e de calidade do panorama musical deste país.
José Ángel a OT xa!
José Ángel a OT xa!
Comentario:
¡¡¡¡Por el amor de Dios!!!! ¡¡Esta voz es una mina!! Y la parte recitativa final... no hay palabras... Madre, soy cristianomosesual... Ahora mismo me grabo un mp3 pal coche...
Comentario:
hahahha, Xosé, xa escoitei, xa, pero quedei sen palabras só co texto...
Comentario:
e alguén sabería dicir se iso de "cometí un error" que se entende polo medio da canción se refire a ser cristián ou a ser homosexual?
Iván, viva o Barça!
Iván, viva o Barça!
Comentario:
alguén sabería decirme que pasou coa nai? como se atopa nestes momentos?.
"Falta el momento mesa camilla"
"Falta el momento mesa camilla"
Comentario:
Viva el Deportivo fuera al Barcelona que este ano non ganades nada. Ide pa vosa casa. Para el otro ano sera. Recorda que temos que ir o 11 de deciembre a Coruña. Tamen terás que pagar una cea.
Comentario:
Kate, recoméndoche que, se non o fixeches, pinches o enlaces, vaias á páxina e escoites o mp3 de José Ángel. Este si que podería chamarse, e por moitas razóns a un tempo, José Ángel "Valente".
Comentario:
deus, os meus ollos, os meus ollooooos! Que significa esto? hahahaha