Onde o mundo se chama Jayoso
Falo con xente que entende e que me di que o Luar, ese buque insignia da TVG que lle dá de comer a esgrevios artistas, pode estar a piques de desaparecer. Pois non hai nin unha semana que me contaban unha anécdota que explica moi ben o que significa este programa para moita da nosa xente. Cóntoche. Unha persoa chega ao fogar-doce-fogar un venres pola noite e atopa aos da casa dormindo no sofá mentras na tele se desenvolve o Luar. Cando espabilan un pouco pregúntalles por que non van para a cama. A resposta é inmediata: E se chama?
Afoto: aduaneiros sem fronteiras
Comentario:
Hai un artigo dun libro de Manolo Rivas (Galicia, Galicia)que sempre me gustou que se titula ¿Por que triúnfa Luar? Copiovos algún parágrafo : "¿Que ten este programa de variedades lanzado ao aire desde o escenario dunha discoteca de aire cowboy? ¿Por que engacha de tal maneira a avós e netos, a aldeas e bufardas urbanas, a un bar de formica da Agra do Orzán coruñesa e á taberna de bocois centenarios de Chandrexa de Queixa? etc etc" Rivas deixa aquí a pregunta, pero non dá respostas. Pois ao mellor a resposta reside na frase de "e se chama" e o autor non o sabía. ´
O seguinte artigo do libro de Rivas titúlase "A dominante cultura da vaquiña". Non sei, pero ao mellor, sen querelo, deu nel a explicación...
O seguinte artigo do libro de Rivas titúlase "A dominante cultura da vaquiña". Non sei, pero ao mellor, sen querelo, deu nel a explicación...
Comentario:
Iago, totalmente de acordo: esta sociedade aínda non está preparada para un cataclismo semellante. Temos que pensar tamén en toda a xentiña que come do Luar: eses triunfitos en horas baixas, esas folclóricas de medio pelo, eses humoristas... Son moitas bocas que se manteñen a conta do invento.
Comentario:
Personalmente creo que a desaparición de Luar suporía unha nova etapa na TVG, e de seguro que tería consecuencias e repercusións inimaxinables na sociedade galega (sobre todo na terceira idade). E sinceiramente, non sei se estamos preparados para acontecemento de tal calibre, hehehehe :)
Comentario:
hahahahahahahaha.
Comentario:
Ti si que sabes... Direiche que os Dos Españoles axudáronme a conseguir un gran éxito cando os incluín na BSO da Festa da Peseta, celebrada en Gres en decembro de 2001 como homenaxe á moeda que estaba a piques de desaparecer.
Comentario:
ese amigo de Lamela non será cámara, hehe.
Bueno, pois si, ido din, quedade con esa data.
Bueno, pois si, ido din, quedade con esa data.
Comentario:
Kate, díxome un amigo de Lamela -sabes ti de sobra que está pretiño de Piñeiro (sic)- que o Supertuesday desaparecía, pero o que eu non sabía era que a data de remate é o Día da Constitución de Essss-páña. Algo se muere en el alma...
Comentario:
Aínda hai diferenza entra Luar e Supertuesday. O primeiro encántalle a miña nai e o segundo faina vomitar. E o criterio da miña nai téñoo moi en conta, en canto a TVG se refire. Gayoso é algo pesado de máis, pero dándolle unha volta ó programa, tería público. E tampouco é plan de pasar rodillo e eliminar todos os programas. Ten que haber para todos. Só que sen tantos Georgie Danes nin Marías Jiménez. O Supertuesday si que non ten perdón, e, de feito, anúnciovos, por se non o sabiades xa, que ten data límite: o 6 de decembro, recoñecida polo propio presentador.
Comentario:
Unha das miñas fantasías é estar tan sobrado de pasta para acertarlle a pregunta e pasar dos cartos,dicirlle que non me gosta o diñeiro fácil e que llo dean a quen o necesite ou se é en campaña electoral que llo den ao BNG que boa falta nos fai aos galegos. Unha boa machada... Aínda que o de porme coma algún, en plan vai tocarlle o carallo a outro, ti non traballas? eu madrugo mañá..., tamén me mola.
Ei, que conste que eu cando vexo Luar e polos meus pais eh!!
;-P
Ei, que conste que eu cando vexo Luar e polos meus pais eh!!
;-P