Falabarato
Xa é sabido que o falar non ten cancelas...
Acerca de
A foto non é moi actual, pero é que en moitas cousas non cambiei desde aquela. É unha foto que me encanta pola cara que se lle queda a miña nai.
Sindicación
 
A miña Marela
Xa pasara tempo, creo que algúns anos, desde que estivera en Curantes (A Estrada) por última vez. O luns volvín, na compaña dunha chantadina de pro, para asistir ao enterro do pai dunha compañeira de traballo e amiga. A nosa intención era agarimar un anaquiño á nosa amiga e volver ás obrigas laborais que nos agardaban.
Non pudo ser. O morto, e parecerache chiste, retrasouse e tivemos que marchar sen poder cumprir o noso obxectivo. A culpa non foi do morto, pobriño, senón do tráfico que dificultou o seu traslado desde a cidade manchega na que residía ata a parroquia na que agora descansa.
A tarde estaba agradable. Coa morte como desasosegante telón de fondo, todo parecía conducirnos a esa especie de doce melancolía que te anestesia un pouquiño. Regresamos con calma, amodiño, mirando para os lados da estrada.
Foi entón cando a vin, tan tranquila, tan igual a aquelas coas que convivín de pequeno, nos tempos en que as vacas aínda tiñan nome. Mirámonos e recoñecina: Ti es a Marela.
 
Comentario:
E non creo que desfoguen moito, que os matan cuns poucos meses...
 
Comentario:
Bueno, si, perderon a súa razón de ser, pero eles podíanse desafogar mellor, supoño. O malo é que agora só se crían e ceban para comer, pobriños...
 
Comentario:
E pobres bois, Kate.
 
Comentario:
Que bonito, levar a vaca ó boi, agora perdeuse todo o romanticirmo. Pobres vacas, quitarlles o gusto de botar unha cana ó aire de ano en ano...
 
Comentario:
¡Pois claro que quedan vacas Marelas!, ¡e con cornos!O que pasa é que hai quen pensa que Galiza remata no Castiñeiriño, ou quen coñece as vacas polos dibuxos dos quesitos Caserío
 
Comentario:
Unha vaca con cornos. Xa non estou acostumado. Aqui non gastan en cornos.
Eu alindei vacas un par de veces e andei atras dalgunha que andaba toureira e ia buscar o boi a outra aldea. Tempos aqueles !.
 
Comentario:
¿Marela? Oui, c'est moi.
No