Gracias, Maghestá

Coñeces a El Parga? Electricista e músico, mesmo personaxe radiofónico durante un tempo, El Parga é, por enriba de todo, un artista sen complexos.
No ano 1998 tiven a honra de participar, enrolado no colectivo Nonsekomenada, na gozosa tarefa de dixitalizar unhas cintas de casete deste músico de Corme e pasalas a soporte CD. Este foi un dos temas máis celebrados do disco.
A letra da canción está disponíbel nesta ligazón.
Comentario:
jooooeeer ese e o jefe!eu son unha fan incondicional sua!!se algen pode pasar cancions del q popña un comentario eo dija!!!asias
Comentario:
Que gracia!!!!Nunca pensei en velo en Internet, jajaj, eu son a morena que sae na portada da sua primeira casette, "Flechas de amor", ca sua famosa canción "Vete crisis vete marchate de aki no me molestes dejame vivir", jajaja, se o vedes dadese un bico enorme da miña parte, agora vivo en Granada, moitos bikiños pra todos
Comentario:
Pois eu gardo algúns dos seus manuscritos e teño un lote de cancións. Hai varios anos que non sei del. Creo que lle perdín a pista cando o levaron a Antena 3 a cantar a canción do Burro (que é cojonudissssisssima, como diría Papuchi).
Comentario:
Homeeee, un clásico O PArga. Eu compartín estudio con el na miña etapa de Radio Voz. Aínda está en activo