Falabarato
Xa é sabido que o falar non ten cancelas...
Acerca de
A foto non é moi actual, pero é que en moitas cousas non cambiei desde aquela. É unha foto que me encanta pola cara que se lle queda a miña nai.
Sindicación
 
O Doctor Blanco
Como verás, nestes últimos días estoume interesando polo apaixoante mundo dos alcaldes galegos. Hoxe toca falar do meu concello, Teo, e do seu alcalde, Armando Blanco.
Seguramente xa saberás que o rexidor teense accedeu á honra de doctor honoris causa (tal como cho digo) alá polo mes de outubro de 2004, non sen antes protagonizar un culebrón estival polas insistentes acusacións de tongo vertidas desde a oposición municipal.
Como a hemeroteca dixital de La Voz de Galicia é un luxo, déixoche aquí a crónica que fai Juan Capeáns do acto da investidura, celebrado con toda pompa e boato no marco incomparable de San Martiño Pinario. Especialmente emotivo é para min o momento no que un dos representantes da institución que concede tan preciado galardón detalla aos asistentes os méritos que concorren na figura do destacado político de Cacheiras: "Don Armando Urbano Blanco Martínez también ha sido condecorado con la insignia de oro de la fiesta de la carne ó caldeiro; Porco de Prata de las fiestas parroquiales de Teo; Folla de Prata en Cambados... y otros honores menos importantes"
Recoméndoche que pinches no enlace que antes che indiquei e que disfrutes do texto de Juan Capeáns.
No