Falabarato
Xa é sabido que o falar non ten cancelas...
Acerca de
A foto non é moi actual, pero é que en moitas cousas non cambiei desde aquela. É unha foto que me encanta pola cara que se lle queda a miña nai.
Sindicación
 
Fraga no ebay
A nova xa aparecía hai uns días nun post do regueifeiro: alguén puxo á venda nas páxinas de Ebay un cinceiro que utilizara o mesmísimo Fraga.
O prezo de saída do cinceiro non era moi elevado -50 euros-, e ben pensei que habería auténticas pelexas para facerse con el, sobre todo sabendo que leva as iniciais do ex-presidente. Pois o tempo das poxas xa rematou e ninguén se animou. Aquí está a proba.
O Regueifeiro ilústranos tamén de que este intento de venda pode constituír delicto de receptación. Nunca se acaba de aprender.
 
Comentario:
Estiven a punto de mercalo pero disuadiume a posibilidade de incurrir nalgunha figura delictiva. Tiña pensado colocar o cinceiro á beiriña das moedas da familia Real que coleccionei no Diez Minutos.
 
Comentario:
Co ben que che quedaría ó carón do Pipotinho... Podíalo mercar.
No