Broa e chourizos
O meu panciño de millo chega tarde, amigo Rabudo, para facerlle compaña ao teu peixe. Este pan está elaborado, nobreza obriga, con fariña de millo de Oza (Teo, claro) que cultivan os pais de Falabarato. Desta fariña, que non é das que dan cartos a esgalla, nútrese todo un exército de comensais: pitos, galiñas, o quiniño... e o propio Falabarato, como está mandado.
A broa da foto está feita de onte e aínda veño de comer agora un cachiño para almorzar. Dentro duns días volverei facer outra fornada para estrear os chourizos novos.
PD. Estarei empezando a parecerme a Luis Rrrrrriallll?
PD2. Se a resposta é afirmativa, é iso grave?
Comentario:
Benquerido Rabudo, ese momento Luis Rial que tiveches dache dereito a probar eses chourizos inconmesurables. Iso di, terasme que propoñer, ti que podes, para comendador da Orden do Grelo. Fai?
Comentario:
Amigo Falabarrrrrato, quen pillarrrrra esa brrrrroa e eses chourrrrrrrizos nunha carballeira inconmensurrrrable, bendecida pola prrresencia de don Arrrrrmando Blanco (Gárdame a proba, me cajo en tal)
Comentario:
Amigo Falabarrrrrato, quen pillarrrrra esa brrrrroa e eses chourrrrrrrizos nunha carballeira inconmensurrrrable, bendecida pola prrresencia de don Arrrrrmando Blanco (Gárdame a proba, me cajo en tal)
Comentario:
Desde logo ten moita mellor pinta ca o que fixen eu...
Comentario:
Boa pinta que ten. Non sabes ti como extranho a broa...cunhas sardinhas asadas...vinho de verdade...bueno, deixoo.