Falabarato
Xa é sabido que o falar non ten cancelas...
Acerca de
A foto non é moi actual, pero é que en moitas cousas non cambiei desde aquela. É unha foto que me encanta pola cara que se lle queda a miña nai.
Sindicación
 
Os burócratas fían fino


Hoxe tráioche unha foto dun anaco dun parte de baixa laboral que me tocou transportar recentemente. A verdade é que nunca me parara a ler ningún e creo que atopei un elemento que pode alimentar un interesante debate.
Estou a falar da relación de causa-efecto que no documento se establece entre a morte do paciente e a súa inmediata promoción á condición de alta.
Noutras palabras, o feito de estar morto non me librará de cumprir coas miñas responsabilidades laborais. Vai ser certo aquelo que cantaba don Manuel, o párroco da miña infancia.
 
Comentario:
Pois moitas grazas, Marta.
 
Comentario:
Hola!!
A verdade e que non escribo esta mensaxe para comentar nada da baixa laboral (sen comentarios) senón para felicitarte (tratareiche de tu) por este blog, xa que é o primeiro que vexo en galego, e se aínda por riba temos en conta as poucas web en galego... De verdade moitas grazas pq teño que dicir que o blog é ademais interesante. Bueno, espero visitar esta paxina mais a miudo. Un saudo e deicalogo!!
No