Non te cases cun ferreiro...

O martes á noite pasei pola casa paterna. Cando entrei pola porta estábase a oficiar a traxicomedia da despedida do Supermartes e meus pais estaban pegados á silla mentras Superpiñeiro e a inconmensurable Pili Pampín cantaban a dúo Non te cases cun ferreiro, que é moi malo de lavaareee, cásate cun mariñeiro, que vén lavado do maareee...
No medio de tanta bágoa (todo eran despedidas, ata sempres e azafatas con caras de pena penita pena) díxenlle a miña nai, mentras comía o meu prato de caldo, que xa lle valía á TVG e que me parecía lóxico que fosen desaparecendo programas tan ranciosos como o Supermartes. A súa resposta foi lacónica: Si, pero ta bonito.
Comentario:
si que chorabamos...si... ata chorei eu que so levaba seis meses no programa...o das racions,en fin,cada quen que pense o que mellor lle pareza.eu so teño que dicir que estou feliz de haber traballado cun profesional como es ti(e non e peloteo)e que o unico que sinto e non poder seguir aprendendo e disfrutando de e con todo o equipo.levo un moi grato recordo deste breve tempo.
mil bicos.
mayra.
mil bicos.
mayra.
Comentario:
Pois se mo contaches non o lembro. Estou de acordo en que a rectificación ben merece un aplauso.
Comentario:
Pois eu pensei que cho contara porque sempre o conto como un acto heroico para min, porque mandeille unha carta pola tal frase e comezou o programa aludindo á carta, dándome a razón e pedindo desculpas(o cal é un punto a favor del, porque perfectamente podería non telo feito).Eu aínda gardo a carta como unha reliquia. Dentro de nada Piñeiro é outra reliquia...
Comentario:
Kate, fale vostede con liberdade que aquí non nos oe ninguén e eu teño o meu punto de cotilla. Que lle hei facer!
Comentario:
Quero aclarar que as señoras presentadas como as de atrezzo eran as da limpeza, pero igual quedaba pouco fino dicilo. Ai, se eu falase...
Comentario:
Esquecíame, Luísa, do máis importante: confirmarche que as azafatas choraban, hipaban e miraban apenadas cara a cámara. Ben é certo que non chegaron a perder a compostura, modosiñas elas. Imaxino que tamén houbo bágoas ao outro lado da pantalla.
Comentario:
Luísa, non sabía da frase do Superpiñeiro. De tela oído, ben seguro que a incluía no meu artigo. Está o panorama cheo de piquitos de oro...
Comentario:
E as azafatas tamén choraban? Pregúntocho porque unha vez oín que, no anuncio do Supermartes, Piñeiro anunciaba as sorpresas do programa "servidas cunha boa ración de azafatas".Por iso teño a curiosidade de saber se se pode chorar por alguén que te serve en racións (o de "rancioso" que ti dis non sei se vén de ración, talvez...