Puntos de vista
Atopei a Pabliño hai cousa dunha semana. Pasaron algúns anos e está feito un mozatón, pero para min sigue a ser o mesmo Pabliño de sempre. Pregunteille, claro, pola súa vida. Xa ves, aquí traballando, dime el. E estás contento? Bueno, non está mal. Teño as tardes libres e estou á beira da casa. O malo é que, ao ter tanto tempo libre, gasto moito e non me queda tanto do soldo coma antes. E a que te dedicabas antes? Antes andaba cun camión da ruta. O traballo era escravo e non cobraba moito, pero non tiña tempo de gastar e quedábanme máis cartos para min.
Comentario:
Non sabia desa expresion tan atinada. Terei que incluila no meu repertorio.
Un saudo.
Un saudo.
Comentario:
Xa o dicían os vellos, Acedre: non hai pouco que non chegue nin moito que non se acabe. Saúdos.
Comentario:
E e verdade: e mais rico o que mais cartos lle sobre, non o que ganhe mais cartos. Matina niso un chisco e veras que e verdade.