Falabarato
Xa é sabido que o falar non ten cancelas...
Acerca de
A foto non é moi actual, pero é que en moitas cousas non cambiei desde aquela. É unha foto que me encanta pola cara que se lle queda a miña nai.
Sindicación
 
Outro ano en Riazor
Día D: 10 de abril. Hora H: 21,00. Estas son as coordenadas da nosa xa tradicional visita anual a Riazor. Aquí nos tedes, tres deportivistas e un barcelonista pasando frío nas bancadas do estadio no que outros anos asistimos a moi bos partidos de fútbol. Claro que eran outros tempos, o equipo estaba na cresta da ola e xogaba cunha ambición e cunha fe nas súas posibilidades que agora parecen perdidas. Desde aquí convido aos meus amigos deportivistas a que asuman con serenidade estes malos momentos. Pode servirlles o exemplo dunha das estrelas deportivistas doutros tempos, Diego Tristán, a quen vimos disputar este partido, que el mesmo calificara como trascendental en declaracións previas, cunha indiferencia antolóxica e sen gastar unha caloría de máis.O mellor, coma sempre, foi a xornada que compartimos e a excepcional acollida que nos brindaron Ricardo e Mariés, que unha vez máis exerceron á perfección o seu papel de anfitrións.
E, antes de rematar, aproveito para mandarlle un saúdo a Antonio, que, desde a súa privilexiada posición a pé de campo, estivo pendente de nós durante todo o partido.
 
Comentario:
a pregunta do miloon e verdade que so ese rapaz é un alumno ou non será algo máis como ... xa falaremos
No