Falabarato
Xa é sabido que o falar non ten cancelas...
Acerca de
A foto non é moi actual, pero é que en moitas cousas non cambiei desde aquela. É unha foto que me encanta pola cara que se lle queda a miña nai.
Sindicación
 
Libro de estilo
Estes días agasalláronme co Libro de estilo de La Voz de Galicia. Eu xa tivera o de El País; presteino e non o vin máis. Teñen razón os que afirman que hai dúas clases de tontos: os que prestan libros e os que os devolven. Tentarei, desta volta, non volver caer no primeiro destes dous grupos.
Dado o seu corte enciclopédico, o Libro de estilo causa no lector o efecto de que se derrama sobre el o maná do coñecemento. Imaxino que será pouca a xente que sabe que a palabra gigoló foi españolizada pola Real Academia Española no 1992 e suprimida nove anos máis tarde, ou que pederastia e pedofilia non son palabras sinónimas, ou que teremos que celebrar as vodas de diamante no 60º aniversario do matrimonio.
E que dicir da parte denominada, ahí es na, ortotipografía? Moi interesante, por suposto, e con grandes momentos para o humor. Déixame que che transcriba o punto 9 dese apartado:
Debe evitarse que la división de las palabras deje a principio o a final de línea fracciones coincidentes con voces malsonantes (artí-/culo, dis-/puta).
Para que a experiencia tivera sido total só me faltou atopar polo medio das case 600 páxinas do tocho algunha referencia a unha expresión que me produce alerxia e que escoito continuamente: Teño necesidade dunhas vacacións porque preciso desconectar. Cada vez que escoito ese desconectar dame así como un pequeno mal rollo que me supera, pero o Libro de estilo, como é lóxico, non se ocupa das miñas fobias.
 
Comentario:
Outra frase repateante: "Fulano é desas persoas que teñen a cabeza moi ben amoblada".
 
Comentario:
A min o que me repatea e a frase: "Que fuerte " e o emprego da palabra "Importante" cando non se debe empregar.
 
Comentario:
Oes, Rabudo, ti que te dedicas ao xornalismo, para que cres que un tipo que traballaba na TVG de hai oito anos precisaría do libro de estilo de El País?
 
Comentario:
Por certo, eu tamén lle prestei o libro de estilo de El País a un tal Alberto, que traballaba na TVG, e non o vin nunca máis. E diso xa vai para sete anos...¡¡¡ALBERTO, SI LEES ESTO, DEVUÉLVEME MI LIBRO, ES MÍO Y LO QUIERO. ADEMÁS, TIENE MI NOMBRE!!! (disculpa a arroutada)
 
Comentario:

Ánimo, verás que é unha ferramenta bastante útil. O compañeiro Paco Ríos botoulle moito interese cando fixo, e andaba traballando nunha revisión que sairá pronto. Tes que ter en conta que, non obstante, é un libro de estilo dun xornal concreto e, ás veces, as cousas non coinciden exactamente co que din outras normativas. Eu non estou dacordo con algunhas cousas do estilo do meu xornal; por exemplo: A Coruña nunca se pode dicir La Coruña, correcto, perfecto. Pero si que se "debe" dicir Gerona e Lérida se escribimos en castelán. Eu négome a iso, Girona e Lleida sempre, aínda que despois o cambien na edición.
No