Falabarato
Xa é sabido que o falar non ten cancelas...
Acerca de
A foto non é moi actual, pero é que en moitas cousas non cambiei desde aquela. É unha foto que me encanta pola cara que se lle queda a miña nai.
Sindicación
 
Normalidade
Sempre pensei que non é doado definir, polo menos para min, o que é ou deixa de ser normal, e iso que nunca faltan voluntarios para dicirnos onde está a normalidade na saúde, nos hábitos sexuais, na alimentación, nas horas de sono e no que sexa.
Falei estes días cunha moza que foi á consulta médica para que lle miraran unha dor de garganta bastante molesta. Despois de facerlle a revisión correspondente e de non atoparlle nada, a doutora despediuna cunha grande frase de consolación: Tén vostede unha garganta perfectamente normal.
Seguindo coa medicina e coa normalidade, oínlle hai pouco a un médico un comentario que me parece xenial. Dicía este home que o consumo de alcohol dun paciente está dentro dos límites da normalidade mentras sexa igual ou menor ca o do médico que o atende. Despois de soltar este teorema, dramatizouno con moito xeito: Canto bebe vostede? O normal, media botella de viño á comida, outra media á cea, unhas cañas a media mañá e pola tarde, uns güisquis antes de ir para a cama... Si, sentenciaría o médico, o seu consumo é completamente normal.
Agora imos coa foto. Se é verdade o que lemos no artigo colgado nas paredes dun chiringuito vigués, haberá que tomar ao día unha boa fartura de viño tinto para facer acopio de antioxidantes que nos axuden a previr a aterosclerose, unha variedade, segundo nos informan, da arteriosclerose. Seis vasos de viño para previr enfermidades vasculares? Si, completamente normal.
 
Comentario:
Vaia, e logo non imos a tomar os tres vasos co almorzo? Pois qué mal...
 
Comentario:
Vaia, e logo non imos a tomar os tres vasos co almorzo? Pois qué mal...
 
Comentario:
Vaia, e logo non imos a tomar os tres vasos co almorzo? Pois qué mal...
 
Comentario:
O vinho non e malo. A Coca Cola si.
 
Comentario:
Tendo en conta que a aterioesclerosis (variante da arteri...)é unha enfermedade que afecta á circulación, e que como di no artigo se corrixe con unha dose +/- alta de viño; podemos supoñer que para evitar que as estradas se vexan afectadas por unha circulación moi densa, deberáse prescribir unha dose de viño semellante. Chamarémoslle "tratamento de choque"
No