Falabarato
Xa é sabido que o falar non ten cancelas...
Acerca de
A foto non é moi actual, pero é que en moitas cousas non cambiei desde aquela. É unha foto que me encanta pola cara que se lle queda a miña nai.
Sindicación
 
Dez pistas
Se o inicio de ano e a costa de xaneiro te teñen un pouco a velas vir, aquí che deixo algunhas actividades que poden abrirche novos horizontes. A saber:

1. Formalizar a inscrición para recibir o editorial de Libertad Digital en MP3.

2. Participar nalgún comité cívico que teña como obxectivo organizar, con toda a pompa e o boato que sexa menester, as vodas de prata de Paco Vázquez ao fronte da alcaldía.

3. Aprender francés con este MP3 de Zapatero. Ollo ao toque Chiquito de la Calzada que lle sae por momentos.

4. Cavilar no que quererá dicir o normalizador lingüístico de Teo cando afirma que pretende achegar a lingua ao pobo.

5. Facer país e sumarse á reclamación dun Gran Hermano galego que Berto colgou na arañeira. Xa postos, pinchar no enlace de Mari Carmen Mella e admirala en todo o seu esplendor.

6. Non podía faltar: matricularse nun cursiño.

7. Achegarse a Cacheiras (Teo) e adoptar a pose de crítico gastronómico para gozar das excelencias da cociña do Rabudo. Se fose necesario, camelalo dicíndolle que é o mellor facedor de enquisas da rede.

8. Acompañar ao califa do Deza no seu calvario. Aquí che vai un novo episodio. Continuará.

9. Instalarse definitivamente na modernidade. Un recurso práctico e chic. Prohibido non descargalo.

10. Non cobizarás os bens alleos (que grande verdade que as cousas que ben se aprenden non se esquecen). Necesitas confesar os teus pecados/pecadiños? Aquí mesmo.

 
Comentario:
Ave María Purisima:
¿Pos o mesmo nivel cobizar-desexar?
¿A que tipo de bens te refires?
¿E que me dis do sexto?
O que naide cumpre:Amarás al projimo como a ti mismo.Imposibel.
Y el que esté libre de culpa que tire la primera piedra.
 
Comentario:
TURURU
 
Comentario:
É verdade: estou de aniversario. Moitas grazas
 
Comentario:
Feliz bloganiversário!
 
Comentario:
O de confesar os pecados esta mui ben.
 
Comentario:
A verdade é que vaia decálogo...Nin Moisés no monte Sinaí... Por certo fai algún fin de semana saindo pola noite encontreime con Mari Carmen Mella, vaia persoaxe... a cal recoñecín por a súa indumentaria(eufemismo)... e tal cual se pinta na tvgaita...
No