Pipotinho na UVI
Andaba eu intentando levantar o ánimo para recuperarme da irreparable perda de Papuchi cando o teléfono me trouxo outra mala nova: Pipotinho está gravemente enfermo. Prende pero non arrinca, non dá nin entrado na BIOS, apágase só... Malos síntomas son eses, meu deus!
Hoxe pola tarde, se podo, terei un encontro con el para revisalo. Probarei as pezas básicas (placa, micro, fonte de alimentación, memoria) para ir descartando posibilidades.
Esta é unha operación rutinaria en condicións normais, pero no caso de Pipotinho danse varias circunstancias que a complican. Por un lado, é difícil acceder a todos os compoñentes como se fose un PC calquera, xa que Pipotinho está montado coma un puzzle. Pola outra, tanto a placa base utilizada como o micro están agora mesmo fóra do mercado, de maneira que haberá que probar, se é o caso, outra combinación que encaixe igual de ben nun chasis tan especial coma o de Pipotinho (condición obrigada: tarxeta VGA integrada en placa).
Cando haxa novidades poñerei un parte médico.

Comentario:
Xa non poido vivir con esta ansiedade!!!
Comentario:
Cando un anda metido no mundo do alcohol (hai que recoñecer que Pipotiño ten pel de borracho) é sabido que son moitas posibilidades de acabar mal. E recemos porque non sexa cirrosis. Amén.
Comentario:
Pois a ver se se cura e chega ata a vendima vindeira.