Parte médico
No post anterior dábase conta do precario estado de saúde de Pipotinho. Onte pola tarde, e a pesar de ser o día consagrado á oración e o recollemento, o equipo médico procedeu a revisar concienzudamente o funcionamento do ciberpipo e comprobou que, a pesar da alarma xerada polas indicacións recibidas nun primeiro momento, as secuencias de arranque eran correctas e as temperaturas de placa e do micro axustadas. O sistema operativo non era quen de iniciarse correctamente, de modo que se optou por facer unha reinstalación de recuperación que se desenvolveu sen incidencias. A eficaz actuación do cadro médico e as enormes ansias de vivir de Pipotinho foron as claves da súa espectacular recuperación. Queda pendente o esclarecemento das causas do ocurrido. As sospeitas diríxense agora mesmo a un dispositivo inalámbrico USB.

Debemos confesar que, dado o estado de consternación provocado pola saúde de Pipotinho, o equipo médico non puxo impedimentos para que o fervor popular tivera ocasión de manifestarse. Así, e antes de comezar o labor de diagnose por parte dos doutores, unha comitiva depositou sobre o Pipotinho un prato conmemorativo da IV Festa da Nai -festa teense de proxección mundial-, para propiciar que a enerxía positiva de Armando Blanco impregnase todos e cada un dos recantos do ordenador enfermo.
Desde aquí queremos agradecer as mostras de ánimo que nos foron achegadas en momentos tan difíciles.
Comentario:
Animaliño, parece moito máis humano así...
Comentario:
Hola!A min sigueme impresionando,e asi cos osiños o aire mais,claro que co equipo médico que ten,esperalle unha longa e segura"vida,que asi sexa,amén,ata pronto
Comentario:
Os meus mellores desexos para o Pipotinho, por sorte todo foi unha falsa alarma.
;-D
;-D
Comentario:
Grazas, Niño de la Guía. Creo que foi todo unha falsa alarma. Mil primaveras máis para Pipotinho!
Comentario:
«Mitch! Mitch! está fibrilando!»
Desejo-lhe uma pronta recuperaçom.
Desejo-lhe uma pronta recuperaçom.
Comentario:
Grazas, AdriX. A ligazón que mandas merece darlle de comer (e de beber) aparte.
Comentario:
Alédome da recuperación de Pipotinho... a verdade, impresiona a foto coas tripas fora...por certo coñeces a familia escocesa de Pipotinho? http://www.metku.net/index.html?sect=view&n=1&path=mods/whiskypc/index_eng
Comentario:
Grazas, Acedre e Lucía, polas vosas mensaxes de ánimo. Apertas
Comentario:
A fe é o último que se perde. Lucía.
Comentario:
Foi o prato!!!, foi o prato!!!. Este Armando Blanco tanto plancha un ovo como frite unha camisa. E un santo miragreiro.
Un saudo e aledome pola recuperacion do Pipotinho pachucho.
Un saudo e aledome pola recuperacion do Pipotinho pachucho.