100% católico por 2 euros, oiga

A moda das pulseiras de cores parece que está atarvesando un bo momento. A primeira da que tiven noticia foi a da fundación Livestrong, liderada polo ciclista Lance Amstrong, que comercializa Nike para recadar fondos para a loita contra o cancro; despois viñeron un cento delas, como a pulseira Nike contra o racismo ou a pulseira contra a SIDA.
Onte atopei o que para min é unha novidade: a pulseira que te presenta ante o mundo como 100% católico. Se tes 2 euriños e consideras que o teu grao de pureza acada esa porcentaxe só che falta pinchar neste enlace e... ti mesmo/a.
Comentario:
Comentario:
Si esto da glamour"¿? a porcentaxe de pureza será de 500%,por 2 euriños como dis,tal como están os tempos,unha ganga,chegame tarde,teria que redimirme,ja!