Un irmán para Pipotinho
O primeiro é agradecervos todas as mostras de cariño que recibín estes días mentras Pipotinho se debatía entre a vida e a morte. A súa recuperación foi total e agora traballa tan ben ou mellor ca antes do ataquito.
Ademais, agora Pipotinho sabe que non está só na galaxia.
Días atrás recibín un correo electrónico de Marcos Gómez no que me dicía que el fixera un ordenador nun pipo había uns meses e comentaba que se sorprendeu moito cando descubriu a Pipotinho mentras cacharreaba pola interné. Ofrecíame fotos do seu ciberpipo. Como é lóxico, tomeille a palabra e pedinlle esas imaxes e o permiso para publicalas.
O ciberpipo de Marcos é cousa seria. Fíxate que hardware leva, segundo me indica o seu creador:
Trátase dun Pentium IV a 2.8 Ghz con 1,5 Gb de Ram, refrixeración líquida e conexións Wifi 54 Mbs e de rede de 1 GB/s e de 10/100, lector de tarxetas, audio usb incorporado e acende xirándolle 45 graos a billa.

Comentario:
Sempre acabamos véndolle o lado comercial ás cousas. Tamén poderiamos xuntalos para o disfrute sin necesidade de que procreasen. Non se falou nada de que os pipotes tivesen que seguir os dictames da igrexa
Comentario:
Mágoa, que de seguro habiamos vender a bo prezo as criaturiñas.
Comentario:
Mágoa que nom seja uma pipotinha para ter pipotinhinhos.
Comentario:
Pois creo que o irmán de Pipotinho se chama Pipotiño. A confusión está servida.
O do Diario de Patricia é unha grande idea, aínda que ao tratarse dun encontro entre irmáns a cousa ten máis pinta de TVG.

Estaría ben que se coñecesen en El diario de Patricia. ¿E como se chama o irmán de Pipotinho?