Sed de Dios
Foi alá polo mes de outubro cando souben da existencia de José Ángel, autor e intérprete do xa mítico Madre, soy cristiano homosexual. Onte devolveumo á memoria Manuel, o meu corresponsal na Paradanta, de paso que me recomendaba con entusiasmo que visitase esta páxina e que prestase atención tanto ás ligazóns que trae como ás críticas que fai de cada un dos músicos. Hoxe fíxenlle caso e fun donde me dixo. Caín na conta de que por alí xa pasara eu tamén, pero iso non quitou para que botase unhas gargalladas.
A verdade é que non hai que dar máis de dous pasos pola arañeira para atopar infinidade de páxinas dedicadas a cantar as louvanzas de xente que, igual que o mentado José Ángel, poden lucir con orgullo a etiqueta de frikis. Mira esta, por exemplo. Ou estoutra, que demostra que hai quen sabe sacar pasta ata de debaixo das pedras. Se o que che interesa é profundizar no difícil binomio cristianismo-homosexualidade -tema apaixoante donde los haya-, atoparás bastante para escoller. A min gustoume a web do Col.lectiu Lambda (Valencia), na que atopei esta testemuña: [...] A los 5 años de edad me enviaron por un corto tiempo a un colegio franciscano y allí pude aprender algo más acerca de Dios, pero como no les alcanzaba el dinero para pagar, me pasaron a una escuela pública gratuita. Lamentaba no ir a un colegio cristiano, tenía sed de Dios.
Estou seguro de que Deus ten moito sentido do humor. Infinito, como todo nel.
Comentario:
Amigo don Xosé, terei moi en conta a súa suxestión con sumo gusto.
Comentario:
Non queime libro ningún, señor Xograr. Pense que hai por aí moita xente que lle agradecería que llos donase para que luza mellor o moble do salón de roble americano. Xa se sabe que uns poucos tochos ben colocados combinan ben coa foto da primeira comuñón dos rapaces, coa cristalaría e coa bandexiña de prata.
Comentario:
Conmovedora comunicación dun fillo á súa nai. De feito, vou queimar os libros de Manuel Antonio, de Curros, de Rilke e de Kafka.