De lei
A imaxe chegoume ao correo electrónico xunto cun comentario que reproduzo:Envíoche estes exemplos de HARMONIZACIÓN LINGÜÍSTICA que hai nos cines Valle Inclán (e en máis sitios) e que, segundo me contaron, é a versión galega da páxina web do ministerio de sanidade e que creo que xa retirou. Desde logo que hai que felicitar a tremendo lingüista.
Non fai falla guguelear moito para atopar referencias do eslogan que nos ocupa e doutras propostas análogas. Mira esta, elexida pola axencia Grupo de Comunicación Publicitaria (GCP):
En tu interior, sabes que también será bueno para ti.
PD. Esta cita recollina aquí.
Comentario:
Está claro que se a cousa fose en sentido contrario produciríase unha forte reacción de españolidade. Iso si, non sería só Rajoy quen tomase a palabra ante semellante "aldraxe"; estou seguro de que desde moitos sectores máis ou menos progres habería tamén sutís pronunciamentos. Xa o di Césare: o mundo real é castelánfalante (http://astuasbalas.blogspot.com/2006/02/atletismo-hai-trece-anos-deixei.html)
Comentario:
que diría Rajoy se se atentase contra o español? e saltarían os da Real Academia Española? (non hai dúbida), ou se o texto fose mestura de catalán e español? (sería un atentado contra a unidade de España)
Desde logo que o idioma galego pode aguantar todo o que lle boten.
Desde logo que o idioma galego pode aguantar todo o que lle boten.
Comentario:
Es lo que te tiene que la ministra sea galleguiña. A versión correcta dos cartaces está na web da Mesa www.amesanl.org . Bilingüismo harmónico, tipo Paco, el del Vaticano.