A ESO e os milagres
Entrevistan na TVG ao párroco de Amil, un enclave milagreiro. Pregúntanlle a don Modesto, que así se chama este home, se nos tempos de hoxe aínda se ven milagres. O cura pensa un anaquiño e responde: Milagres si, pero pequeniños. Por exemplo, algún rapaz que aproba unha asignatura...
Comentario:
Algo aprobei grazas ás divinidades, señor Acedre. De calquera xeito, na miña casa recurríase a elas sobre todo para velar pola saúde dos animais.
Comentario:
Enton aprobaches algo por intercesion da virxe ou non ?.
Comentario:
Creo que non o expliquei ben, dona Luísa. O que quería dicir don Modesto é que os milagres que fai agora a virxe son dese estilo.
Comentario:
Pero, neste caso, para ese cura, quen é o milagreiro (o rapaz, o mestre, a virxe? é que non me queda claro se o rapaz é o autor ou o beneficiado do milagre