Museo virtual do puticlú
Agora que tanto se levan os museos virtuais quéroche propoñer un proxecto dos meus (medio en broma, medio en serio) do que non teño atopado antecedentes. Verás, trátase de recopilar fotografías deses locais de carretera iluminados con luces vermellas que se autodenominan clubs ou whiskerías e que todos coñecemos polo nome de puticlús.

Eu empezo aportando unha xoia, un local que se mantivo operativo ata hai menos de dez anos na carretera de Santa Comba a Zas. As fotos fíxenas haberá uns doce anos. Ben, o chiringuito tiña un nome, Perla Negra, escrito en vermello con algo así como unha tella ou un ladrillo (fíxate na parte esquerda da ventá do medio e verás o rótulo). Polo demais, todo garda unha perfecta harmonía: o timbre, a porta sinistramente entreaberta, un minitellado de chapa na parte inferior esquerda para uso e disfrute do can, o letreiro de Teais, as bombillas de cores colgando da cornisa (apenas se ven, pero unha delas está na ventá da esquerda). Só faltan fotos do interior e algunha instantánea da clientela, pero este humilde reporteiro non se atreveu a ir máis alá. Supoño que o comprendes.
E ben, agora que todos andamos a voltas coas cámaras dixitais non ha ser difícil que vaiamos facendo fotos deses centros de ocio, sobre todo daqueles caracterizados pola súa extrema cutrez. Eu ireinos xuntando e ofrecéndoos neste espazo dixital. O meu correo: xdafonte@yahoo.es.

Comentario:
Comentario:
Haber que andabas a facer na miña idade eh! moito estudiar dicialles a teus pais pero o mociño ia a lugares coma isos pillaban