Falabarato
Xa é sabido que o falar non ten cancelas...
Acerca de
A foto non é moi actual, pero é que en moitas cousas non cambiei desde aquela. É unha foto que me encanta pola cara que se lle queda a miña nai.
Sindicación
 
Macro
Vou aproveitar a marea do macro-botellón, un asunto que estes días se aupou á primeira plana da actualidade mediática. Como non sei canto vai durar o tema -imaxino que pouco, que as modas pasan de moda moi axiña-, deixo aquí un par de comentarios.

One. Cada vez que vexo as imaxes dos botellóns que se publican nos medios a vista váiseme ás bolsas do súper nas que a rapazada leva as bebidas. Teño a impresión, non confirmada con datos, de que a marca máis recurrente é El Árbol. Será casual? Serán cousas miñas? Será un exemplo das estratexias capitalistas do terceiro milenio? Será, será..?

Two. O venres falei con dous chavales de 17 anos que me ensinaron nos seus móbiles a convocatoria aos macrobotellóns do Deza-Tabeirós. En concreto, había prevista movida en Silleda, Lalín e A Estrada. Pregunteilles a cal ían ir e responderon que aos tres, que irían rotando a ver que tal. Lembreime das romarías e, xa de paso, do eterno retorno. O luns volvín falar con eles e intereseime polos resultados da fin de semana. Pasamos por alí, dixeron con desgana, pero non había ambiente ningún e chovía. Ademais, engadiron, estaban moito mellor cando non eran macrobotellóns.
 
Comentario:
Xa cho digo eu!
No