Falabarato
Xa é sabido que o falar non ten cancelas...
Acerca de
A foto non é moi actual, pero é que en moitas cousas non cambiei desde aquela. É unha foto que me encanta pola cara que se lle queda a miña nai.
Sindicación
 
Os ateos rillan churrasco de boi
Esta foto foi tomada na entrada dunha casa de comidas da compostelanísima e catoliquísima Rúa de San Pedro. Hai que felicitarse, pensa este Falabarato, de que aos ateos, que tamén son fillos de deus (de calquera deles e/ou de todos á vez), se lles dea a opción de inxerir proteína de orixe bovina e porcina mesmo en datas tan sinaladas como a de hoxe.
É evidente que comer churrasco é un flagrante incumprimento do preceuto do xexún. Por se aínda estamos a tempo de remediar algo, aí che deixo unha páxina onde te informarás debidamente da cuestión. Unha boa noticia, tamén rescatada da devandita páxina: "Bebidas alcoholicas no rompen el ayuno; pero parecieran contrarias al espíritu de hacer penitencia."
 
Comentario:
pois eu creo que cando miña avoa, sendo eu nena, me explicou en que consistía a bula, me fixen atea e anticlerical. E aínda me dura.
 
Comentario:
Fai anos os meus avós daban comidas, e o día de venres Santo, os curas pasaban para un reservado, e comían carne, pois dicían que pagaban unha "bula", así que eu desde que sei iso paso da vigilia.
No