Falabarato
Xa é sabido que o falar non ten cancelas...
Acerca de
A foto non é moi actual, pero é que en moitas cousas non cambiei desde aquela. É unha foto que me encanta pola cara que se lle queda a miña nai.
Sindicación
 
Abril en Oza
Hoxe meus pais foron comer fóra da casa, o que constitúe un feito totalmente extraordinario. Mentras ese milagre se producía, e á espera de ilos recoller ao restaurante, collín a cámara e gravei pola eira adiante, sen moito ton nin son. Iso si, gocei dun sol espléndido.
O resultado da gravación podes velo aquí. Non esquezas poñer os altavoces.
 
Comentario:
Moi bo o video, e o acompañamento excopcional. Ti cada vez fas máiscousas...
 
Comentario:
Acedre, os actores están moi "naturais", moi no seu papel, ademais de ser dos que cobran pouco.
 
Comentario:
Mui bo. Gustoume. E a finca esta mui ben e os "actores" tamen. Menos mal que o fixeches asi de calquera maneira.
 
Comentario:
Razón non che falta, Kate. Se fora hai uns anos, habería tamén algunha vaquiña para o vídeo, pero a modernisasao liquidounas.
 
Comentario:
Que guai. A min encántanme os días de primavera na aldea. Son do máis relaxante do mundo (despois das ondas da praia nun día de sol con leve brisa)
No