Malentendidos
Hoxe traio un vídeo que atopei pola rede. É un anuncio dunha academia de inglés no que se xoga cos efectos, neste caso tráxicos, que pode causar o deficiente coñecemento dunha lingua.
Por se non entendes inglés (non é obrigatorio sabelo, por suposto), o que sucede é que o gardacostas, que é alemán e novato, recibe un SOS en inglés no que lle comunican desde un barco que se están a afundir ("sinking"); o gardacostas interpreta erroneamente a frase e confunde o verbo, de modo que en lugar de "sinking" entende "thinking", co que a expresión "estámonos a afundir" convírtese para el nun "estamos a pensar" que o deixa perplexo. Un pouco aturdido pregúntalles, por aquelo de seguir o fío da conversa, en qué están pensando. Mentras tanto, o barco vai para o fondo. En fin, pásalle a calquera... Se non che funciona a ligazón que puxen arriba podes probar con esta.
Na mesma liña vai tamén este outro anuncio, neste caso protagonizado por unha familia holandesa. Con razón sorrín as nenas cando ven aos papás tararear o contundente estribillo da cancionciña de turno: I wanna fuck you in the ass.

Comentario:
Mui bos os videos.
Eu tamen teria anecdotas que contar de malentendidos pero millor contoche a orixe dos numeros en ingles.
Os numeros inventounos un de Lugo cando saiu da casa fregando nos brazos e dixo: Cuantufrioufai!!.

Isto é o que lle debe de estar pasando ao pobre do meu irmán en Alemania, que non se entera de nada, o outro día contóunos que a moza da biblioteca á que vai leváballe falando media hora, pero el nin miraba, como ninguén fala con el nin sequera se lle pasara pola imaxinación que fose con él, ademais non entendeu nada do que a moza lle contou.