Por terras de don Armindo
Armindo Iglesias é o cura párroco de Vedra e Lestedo. Levaba anos sen saber del, case tantos como os que a folla parroquial que el dirixía deixou de chegar á casa de meus pais. Non sei se con aquela publicación logrou a conversión de moitas almas, pero si consolidar unha fama que o levou a obter, por exemplo, o premio Alacrán na edición de 1999.
O que me contaron hoxe sucedeu estes días. Unha tía miña, enferma desde hai bastante tempo, recibiu unha chamada de Armindo Iglesias na que se interesaba polo seu estado de saúde. Ela díxolle que as súas doenzas a incapacitaban para saír da casa e el, moi cortés, ofreceuse a facerlle unha visita. Chegou, falou con ela e deixoulle un lote de material composto por uns libros, un calendario deses aos que se lle arrinca unha folla cada día e unha radio. Todo por 25 euros, unha ganga.
Miña madriña, que foi quen me contou a anécdota, comentou que miña tía comprou o lote e quedou moi contenta: non tiña radio.
Aproveitando que estamos en Vedra, un vídeo da miña visita a Ximonde. Recén saído do forno. E de balde, claro.
Powered by Castpost

Comentario:
O meu irmán sempre di: Quen veña a miña casa para facerme un favor, que rompa a perna no camiño, e eu dígolle que non é así sempre. Pero neste caso cúmprese!