Compañeiro de piso
Vino hai uns días, fuxindo a toda mecha pola casa adiante a horas moi intempestivas. Hoxe pola mañá oín ao levantarme uns ruídos que procedían da despensa que teño na cociña. Entrei e enseguida vin o panorama: o compa de piso andivo dando voltas por alí e caiu nunha bolsa de papel plastificado bastante grande.
Dinlle unha galletiña para que fose repoñendo forzas mentras o trasladaba a un novo hábitat. A rodaxe da operación tela abaixo:
Dinlle unha galletiña para que fose repoñendo forzas mentras o trasladaba a un novo hábitat. A rodaxe da operación tela abaixo:
Comentario:
Eu aos meus ratos sempre lles ofrezo o mellor, señora ratita presumida. Creo que queda demostrado na gravación.
Comentario:
o soño de calquera rato é ser transportado nunha bolsa de caramelo, verino ou algo así. Xa estamos algo fartos de roer só en roupa de mercadilo e de depósito municipal
Comentario:
Era bonitinho o demo do becho.
Esta historia tivo un final feliz.
Esta historia tivo un final feliz.
Comentario:
Jo, que actorazo! Fíxoo moi ben. Encantoume a serenidade coa que limpaba os fuciñiños coas súas patiñas. Que lindo!
Comentario:
Non te deprimas, seguro que antes ou despois aparece outro.Na miña casa sempre é asi.
Comentario:
Moi bonito, o malo é que como sexa rato de piso vai apañado.
Comentario:
É certo: xa noto a soedade. Sempre o mesmo: cando está ao teu lado andas a escaquearte e cando che falta xa é tarde. Polo menos sei que no seu novo hábitat ha de atopar máis de comer ca na miña despensa, que sempre anda escasa.
Comentario:
A mellor operación que teño visto para desfacerse dun roedor. A música non se pode mellorar.O malo é que agora pódeste sentir só.
P.D. era ben lindo o tipo, por certo.
P.D. era ben lindo o tipo, por certo.