Karpín
Unha cousa é Karpin, o ex-futbolista ruso que agora está volcado nos grandes negocios, e outra Karpín, o palleirán que teñen meus pais. Xa superados aqueles tempos nos que os cans de palleiro vivían presos a unha cadea, o noso Karpín sae de paseo para gozar das delicias do campo e, por suposto, ir marcando o territorio.
A gravación que che ofrezo foi realizada onte, último domingo de maio, e houbo que esperar ata ben entrada a tarde para poder saír da casa sen morrer co calor.
NOTA: Para velo con máis calidade, mellor a versión Quicktime que subín a Castpost. [aquí] Iso si, lento lento lento...

Comentario:
Qué bonito!quén non querería ser KARPÍN con esa vida,e ese corpo? a min non me importaría nada
Comentario:
Na casa dos meus pais, os cans sempre lle poñemos Tomás, non temos moita imaxinación.
Comentario:
Da gusto ver o Karpin dando esas voltas. Parecia que buscaba un coello.
Un saudo.
Un saudo.
Comentario:
Non sei a que ven esa expresión de "levar unha vida perra" se algúns destes animais viven "quinindios".