Ramonsín
Esta historia pasou haberá cinco ou seis anos. O escenario: o bar O Nervioso de Camporrapado (provincia de A Coruña). O protagonista: o dono do bar, tamén apodado O Nervioso. Os feitos: O Nervioso abre unha carta que acaba de recibir. Na misiva -hasme perdoar, pero encántame esta palabra tan cursi-, a SGAE aprémiao ao pago do canon polo uso público da televisión. O home abre a carta e tan pronto a le pega un berro seguido de tremendos exabruptos. Un pouco despois, xa máis calmado, chega o momento da reflexión: "E para quen son estes cartos? Para o Ramonsín!!!". E volta a empezar.
Pois Ramonsín está de moda. Que se liortas coas vacas sagradas, que se espantá no Viña Rock... O caso é que este home está na pomada. O mellor exemplo, para min, é este.
Pois Ramonsín está de moda. Que se liortas coas vacas sagradas, que se espantá no Viña Rock... O caso é que este home está na pomada. O mellor exemplo, para min, é este.
Comentario:
isto xa parece "salsa rosa" ou "onde estás corazón" e lucía maría patiño!
Comentario:
Estache ben sabelo!gracias!
Comentario:
Bartoliña, O Pote é un restaurante de Piloño (Vila de Cruces). Cómese moi ben alí.
Comentario:
Tes toooda a razón, a curiosidade da xente non ten límite....
¿que é o pote (Piloño)?
¿que é o pote (Piloño)?
Comentario:
Aquí va una cansión quecompuesto, pa poner ambiente:
Litros de alcohol corren por mis venas mujer
no tengo problemas de autor
lo que me pasa es questoy loco por triunfar
Litros de alcohol corren por mis venas mujer
no tengo problemas de autor
lo que me pasa es questoy loco por triunfar
Comentario:
Pois non era Sharon Stone, non, senón un amigote chamado Paco. Quedaramos alí para ir ao Pote (Piloño). A curiosidade dalgunha xente non ten límite.
Comentario:
A cuestión é, con quén?, (eso é o que desexan saber os seus lectores-as)
Comentario:
Dona Lucía: a miña presencia en Camporrapado debíase, segundo creo lembrar, a que quedara alí para "tomarlle algo" un sábado pola tarde.
Comentario:
E qué facías ti en Camporrapado?
Comentario:
Si que é para escachar. O meu favorito é o último vídeo.
Comentario:
para escachar coa risa!
Comentario:
Non, o de Nervioso xa o leva desde sempre.
Comentario:
E é desde aquela que lle chaman Nervioso ?