Falabarato
Xa é sabido que o falar non ten cancelas...
Acerca de
A foto non é moi actual, pero é que en moitas cousas non cambiei desde aquela. É unha foto que me encanta pola cara que se lle queda a miña nai.
Sindicación
 
Días de calore
Domingo pola tarde. Miro o termómetro e dime que estamos a 36 graos á sombra. Meu pai, sensato el, está botando unha siestiña na parte máis fresca da casa, a que durante moitos anos foi a adega. A min dáseme por coller a cámara e gravar a desolación xeral producida pola fogaxe. Sen embargo, non estou so: Antonio, seguramente farto de aguantar varios días a dichosa vaga de calor, colle carretera arriba a ver se atopa alguén que estea botando a partida.



 
Comentario:
Non creo que Antonio se enfade por verse en internet. Ademais, un home tan amigo da xente coma el ben merece estar na rede.
 
Comentario:
Pero ti que fas gravando os teus veciños... se o soubesen eles darialles algo. Ata pronto
No