Falabarato
Xa é sabido que o falar non ten cancelas...
Acerca de
A foto non é moi actual, pero é que en moitas cousas non cambiei desde aquela. É unha foto que me encanta pola cara que se lle queda a miña nai.
Sindicación
 
Lume e auga
Xa hai un tempo que tiña programada unha viaxiña en barco. Nada do outro mundo, tan só un paseíño polas rías a bordo dunha embarcación, iso si, glamourosísima; unha moi boa excusa, en definitiva, para gozar dun día tranquilo e relaxado no mar.
O barco esperaba en Portonovo. A viaxe en coche púxome os pelos de punta: lume á beira da estrada, camiños cortados, xente con expresión de mágoa e preocupación tapando a cara cun pano para poder respirar, helicópteros por aquí e por alá, coches da garda civil, fume, fume, fume...
Cheguei, naveguei e gocei dunha experiencia para min moi pouco habitual, pois sonche de terra adentro e con pouca vinculación co mar, pero non fun quen de afastar do pensamento a traxedia que a poucos quilómetros ameazaba con devorar o meu país. Tampouco foi quen de se afastar de nós unha capa de fume que nublaba o sol, un feito que sempre se asociou, e pode que non sen razón, a fenómenos apocalípticos. Foi no momento no que a cámara enfocaba aquel sol cando decidín facer un vídeo que se pechase, precisamente, con esa imaxe.

 
Comentario:
Precioso vídeo, esto demostra as cousas bonitas que temos en Galicia e que nos queren roubar.
 
Comentario:
Non sei se andaría por alí David cal, pero é incrible a cantidade de chavales e chavalas que adestran na ría.
 
Comentario:
Xenial video! Unha mágoa que a terra non estivera tan fermosa coma o mar. Por certo, ¿un que sae por aí remando no é David Cal? Non sei, pareceume, jajaja.
No